
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, presentaron este xoves a Homenaxe a Golpes Bajos dentro da segunda semana do primeiro festival musical gratuíto que se celebra na cidade, o Ciclo Son e Mar Vigo 2026, incluído na programación dos Concertos do Xacobeo.
No acto celebrado no emblemático bar O Ovo do Casco Vello de Vigo, as representantes institucionais estiveron acompañadas por José Patiño, responsable da promotora que organiza o evento, e polos artistas Teo Cardalda e Tony Lomba, que avanzaron parte do espectáculo que se poderá ver o sábado no tributo ao grupo vigués que lideraba o finado Germán Coppini. Segundo explicaron, sobre o escenario estarán músicos como Antón Reixa, Alberto Comesaña, Silvia Superstar ou o propio Luis García, membro fundacional de Golpes Bajos.
O sábado teremos a gran noite da Movida, cos grupos que levaron a Vigo a ser unha referencia nacional da música e a cultura, un lugar do que por desgraza estamos moi lonxe agora, sinalou Ana Ortiz. A delegada explicou que a Xunta traballa para ofrecer a mellor variedade musical a todos os vigueses, desde a música clásica e o jazz ata a danza, o indie-pop ou o rock, de xeito que a cidade volva ao lugar que se merece en canto a oferta cultural.
Pola súa banda, Luisa Sánchez apuntou que botaremos de menos a Germán, a Bibiano Morón ou a Víctor Coyote, pero gozaremos da maneira que a eles lles gustaría: escoitando música feita en Vigo. Ademais, a vicepresidenta indicou que o pasado sábado foi emocionante cando coreamos cancións de Cómplices, Amistades Peligrosas e a Unión, e este sábado, sen dúbida, ocorrerá de novo con Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas, Killer Barbies
.
Campus e Lingua Urbana con HardGZ
Este xoves 10 de setembro chega Unifes, unha das grandes citas dirixidas ao público universitario. Este formato, xa consolidado noutras cidades galegas, conseguiu reunir en anteriores edicións a miles de estudantes ao redor dunha experiencia onde a música, a convivencia e a enerxía xuvenil son protagonistas absolutas. Vigo acollerá agora a edición máis ambiciosa celebrada ata a data.
O venres 11 de setembro terá lugar Lingua Urbana con HardGZ, o único evento de pago do ciclo e tamén un dos que máis expectación xerou. De feito, a venda anticipada xa bateu marcas, confirmando o enorme tirón dun artista convertido en referente absoluto da música urbana en Galicia e en boa parte do panorama nacional.
Movida Viguesa e Orballo Cultural
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.
O peche do ciclo, o domingo 13 de setembro, chegará con Orballo Cultural, a gran aposta de Son e Mar pola música galega contemporánea e de raíz. O evento reunirá a algúns dos artistas máis importantes e representativos de Galicia, músicos que conseguiron proxectar a cultura galega por todo o mundo mantendo intacta a súa identidade artística. Os organizadores apuntaron que aínda que o cartel completo aínda non pode facerse público, serán cinco grandes figuras de primeiro nivel as protagonistas dunha edición moi especial que converterá Vigo no gran escaparate da música galega actual.
Xornadas e datas (peirao de Transatlánticos):
4 de setembro: Nados para bailar
5 de setembro: Aqueles marabillosos anos 90
10 de setembro: Campus
11 de setembro: Lingua Urbana con HardGZ
12 de setembro: A Movida Viguesa
13 de setembro: Orballo Cultural
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.