Notas de prensa

O VII certame de fotografía Ruth Matilda Anderson pon o foco no derrubamento dos estereotipos de xénero

Sacar á luz o labor historicamente invisibilizado que desenvolven as mulleres na sociedade e contribuír a deconstruír os estereotipos de xénero no relativo a traballos supostamente propios de mulleres ou homes é a meta sobre a que se asenta o certame de fotografía Ruth Matilda Anderson que neste 2021 chega á súa sétima edición. O prazo para participar nesta iniciativa manterase aberto ata o vindeiro 10 de setembro.

A temática dos traballos presentados terá unha relación directa coas mulleres dende diversas perspectivas —visibilización do traballo, mulleres e ciencia, ou rompendo estereotipos de xénero— premiándose a creatividade, innovación e o impacto da imaxe.

“Coa elección de Ruth Matilda Anderson para dar nome a este certame, lémbrase a unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes, e a súa destacable obra, na que se inclúe o retrato que Ruth Matilda fixo da muller galega dos anos 20”, explican dende a Oficina de Igualdade de Xénero da USC. O certame está dirixido a alumnado antigo e actual da USC, así como a todo o persoal da institución compostelá.

O formato das imaxes presentadas deberá ser dixital, cunha resolución mínima de 300 ppp, orientación horizontal, e tamaño A3 ou A4. O xurado seleccionará as doce fotografías de maior calidade técnico-artística sempre que se axusten á temática establecida na convocatoria. De entre estas, o xurado escollerá as tres mellores. O primeiro premio conta cunha dotación económica de 1.000 euros, alén de que esta fotografía sexa a utilizada pola USC, como cartel conmemorativo do Día Internacional das Mulleres no ano 2022. A persoa recoñecida co segundo premio recibirá 800 euros, e a que recolla o terceiro, gañará 500 euros. Ao importe de cada un destes premios aplicaráselle as retencións previstas na vixente lexislación tributaria. Se o xurado o estimase conveniente poderá deixar algún ou todos os premios desertos. Coas doce fotografías finalistas elaborarase un calendario.

Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson, 2021-07-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
A maior presenza de proxectos tecnolóxicos ou xurdidos da investigación universitaria entre as iniciativas de emprendemento seleccionadas é un dos aspectos destacados dá XIII Pont-Up Store. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro do emprendemento permite a 48 novas iniciativas empresariais dar a coñecer os seus produtos e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES