//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Foi presentado o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, un espazo pioneiro que permitirá actualizar a información sobre as necesidades das persoas LGTBI para darlles unha resposta axeitada -mediante os recursos e servizos que poidan demandar- e previr as condutas violentas contra o colectivo, co obxectivo de avanzar para lograr unha sociedade en igualdade de condicións e de oportunidades para todas elas. O traballo do Foro concluirá o vindeiro ano coa presentación dos resultados e dunha guía práctica que axudará a orientar actuacións e medidas para lograr a plena igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.003 deles 1.919 son da área da Coruña, 951 da de Lugo, 1.278 da de Ourense, 970 da de Pontevedra, 1.824 da área de Vigo, 1.522 da de Santiago e 529 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 414 en unidades de hospitalización e 8.569 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 606.910 persoas curadas, rexistrándose 3.514 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.906.979. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.662.916.
Galicia acaba de despedir unha primavera desde o punto de vista climatolóxico que se caracterizou por ser cálida e seca, un balance ao que contribuíu de forma especial o mes de maio que rexistrou temperaturas moi altas e foi seco no que respecta ás precipitacións. Aínda que o trimestre comezou cun mes de marzo que se moveu dentro da normalidade en canto ás temperaturas e cun pouco máis de chuvia do habitual, abril xa foi máis seco cun 30% menos de precipitacións que a media e maio acabou caracterizándose como moi seco tras pecharse cun déficit hídrico do 58%, o que condicionou o balance final do conxunto da estación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.384 deles 1.843 son da área da Coruña, 905 da de Lugo, 1.191 da de Ourense, 929 da de Pontevedra, 1.582 da área de Vigo, 1.372 da de Santiago e 550 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 450 en unidades de hospitalización e 7.912 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 605.871 persoas curadas, rexistrándose 3.500 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.904.595. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.661.209.
Un equipo de físicos e xeógrafos da USC acaba de crear un descritor matemático que permite identificar os territorios máis susceptibles de gromos pandémicos e estimar o impacto das diferentes restricións de mobilidade. Este é o xermolo sobre o que se asenta o primeiro mapa de risco español ante pandemias no que os investigadores mediron a vulnerabilidade de cada localidade ao longo do Estado durante a segunda vaga da COVID-19. O estudo evidencia que un illamento por grupos de idades podería ser máis efectivo que un illamento territorial por municipios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.847 deles 2.017 son da área da Coruña, 917 da de Lugo, 1.208 da de Ourense, 1.009 da de Pontevedra, 1.630 da área de Vigo, 1.433 da de Santiago e 621 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 459 en unidades de hospitalización e 8.361 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 603.802 persoas curadas, rexistrándose 3.496 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.901.965. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.658.342.
A análise dos patróns que se observan na distribución dos apelidos ao longo dun territorio proporciona datos sobre movementos e características das poboacións. Baixo esta premisa, unha investigación da USC acaba de constatar que Galicia atópase dividida en cinco sectores segundo a rexionalización dos apelidos. Así o afirma na súa tese de doutoramento a investigadora María José Ginzo Villamayor, quen ademais constata que estes cinco grupos aproxímanse ás divisións eclesiásticas ou dioceses nas que tamén se divide a comunidade autónoma.
Galicia continúa sen ter casos confirmados da denominada varíola do mono, ao obter senllos resultados negativos as probas dos tres primeiros posibles casos detectados na comunidade. Nas últimas horas, a Dirección Xeral de Saúde Pública comunicou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, dous novos posibles casos de infección, ascendendo ata 5, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible coa varíola do mono.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de rexistrar na aplicación informática do Ministerio de Universidades a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e máster para as universidades públicas galegas cara o curso académico 2022/2023, unha oferta que foi consensuada coas vicerreitorías de titulacións e que será oficial unha vez que se ratifique formalmente nas vindeiras semanas pola Conferencia General de Política Universitaria. Como principais novidades, as universidades públicas galegas incorporarán o vindeiro curso tres novos títulos de grao e 10 novos mestrados universitarios.
A Xunta de Galicia vén de facer público o contido dos sete acordos de xestión asinados este ano polo Sergas con cada unha das áreas sanitarias galegas. Dentro dos obxectivos fixados destacan os relacionados coa reforma e mellora da atención primaria. En particular, o primeiro destes obxectivos está directamente relacionado coa accesibilidade dos servizos deste nivel asistencial: márcase o obxectivo de que o 90% das cotas de persoal sanitario de atención primaria (medicina de familia, enfermaría ou pediatría) teñan cita dispoñible para o paciente en menos de 4 días.
A USC toma parte no proxecto Inventhei, baseado en mellorar os ecosistemas rexionais de innovación partindo das infraestruturas existentes e que conta con financiamento do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía. Neste senso, a institución compostelá estudará as capacidades de innovación e emprendemento en psicoxerontoloxía en virtude do Máster que nesta eido oferta a Facultade de Psicoloxía e xerontoloxía dende o Mestrado que neste ámbito imparte a Facultade de Enfermaría.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 687 son da área da Coruña, 510 da de Lugo, 276 da de Ourense, 177 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 409 da de Santiago e 88 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.464 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 176.385 persoas curadas, rexistrándose 2.614 falecementos.
O FIV de Vilalba cumpre en 2021 a súa 14ª edición que se celebrará os días 17, 18 e 19 de setembro. Estamos ante unha oferta musical que naceu ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Cada ano, este festival conta cun público fiel e supón un aliciente máis para visitar Vilalba.
'Que a sociedade nos coñeza e queira colaborar co que facemos', así definiu o reitor da USC a meta da campaña de micromecenado Sumo Valor que inclúe entre as súas liñas de actuación, unha específica para facer fronte á loita contra a COVID-19. O reitor presidiu un encontro con representantes do tecido empresarial e social galego que serviu para dar a coñecer esta iniciativa que leva recadado dende a súa posta en marcha (finais de 2019) arredor de 125.000 euros.
A covid-19 puxo máis que nunca o foco na importancia da saúde física e mental e fomentou igualmente un turismo centrado no benestar e o contacto coa natureza. Arrancou en Ourense a cuarta edición do Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida, organizado polo Campus Auga da Universidade de Vigo, cunha programación na que o potencial do termalismo como fonte de oportunidades turísticas e de saúde na pospandemia ten un protagonismo destacado.
Pola súa actuación en favor dos principais fitos da ruta xacobea, o xurado do XXV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia concedeu este galardón ao ex ministro e antigo secretario xeral da OTAN, Javier Solana de Madariaga. O Paraninfo da USC acolleu a cerimonia de entrega na que, alén do premiado e do reitor Antonio López, tomaron parte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o presidente do Grupo Compostela, Marek Kręglewski.
Santiago de Compostela é a sede da XXVII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades (GCU) que se desenvolve do 13 ao 14 de setembro. O acto de apertura, presidido polo reitor Antonio López e polo presidente do GCU Marek Kręglewski, serve de punto de partida para dúas xornadas que se desenvolven baixo o lema 'Vinculando estudos humanísticos e científico-técnicos: un reto para as universidades'.
Entre outros moitos aspectos, a covid-19 trouxo á palestra un destacado interese pola propagación de aerosois en espazos pechados. No seu traballo fin de grao, o estudante da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo Moisés del Puerto, baixo a dirección dos profesores do centro Elena Martín Ortega e Iván Area, analizou a propagación destes aerosois na sala de exames do edifico do Campus Auga, no campus de Ourense.
A USC repite entre as mellores universidades do mundo na edición correspondente a 2022 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de máis de 1.600 institucións pertencentes a 99 países. O intervalo 801-1000 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 53 institucións españolas.
'O soño musical dos mapas celestes' é unha experiencia inmersiva elaborada ao redor dunha instalación audiovisual da artista Irene Dubrovsky, inspirada nos mapas do cosmos e as distintas maneiras de cartografalo. Esta é a base sobre a que se asenta 'O soño musical dos mapas celestes', unha iniciativa desenvolvida polo Instituto de Física de Altas Enerxías (IGFAE) -centro mixto da USC e da Xunta de Galicia-.