Notas de prensa

Bota a andar na USC a XXVII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades

Santiago de Compostela é a sede da XXVII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades (GCU) que se desenvolve do 13 ao 14 de setembro. O acto de apertura, presidido polo reitor Antonio López e polo presidente do GCU Marek Kręglewski, serve de punto de partida para dúas xornadas que se desenvolven baixo o lema '’Vinculando estudos humanísticos e científico-técnicos: un reto para as universidades'.

Preto dun centenar de participantes procedentes de doce países (Polonia, México, Xeorxia, España, Suecia, República Checa, Eslovaquia, Perú, Italia, Portugal, Alemaña e Hungría) toman parte neste foro. O 60% farano de xeito presencial e o 40%, en liña.

“O fenómeno do Xacobeo adoita relacionarse cos valores humanísticos que dan lugar á construción de sociedades, complementados con outros valores xerados pola educación STEM”, explicou o reitor. “Nesta Asemblea Xeral queremos abordar a conciliación da educación tanto humanística como científico-técnica dende o punto de vista institucional nunha contorna de análise académica e tamén de celebración cultural no corazón de Galicia”, sinalou. Tras o acto oficial de apertura, ten lugar a reunión do Consello Xeral do GCU no Centro de Estudos Avanzados (CEA) da USC.

Javier Solana

Nesta primeira xornada do día 13 de setembro, ás 20.30 horas, no Paraninfo da USC (Facultade de Xeografía e Historia), desenvólvese a cerimonia de entrega do XXV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia a Javier Solana de Madariaga pola “súa actuación en favor dos principais fitos da ruta xacobea”, entre os que sobresae a cerimonia organizada en 1987 con motivo da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo por parte do Consello de Europa. Ademais, os membros do xurado destacaron no ditame que se deu a coñecer en xullo o seu “permanente compromiso social” e a súa traxectoria internacional, ao longo da cal contribuíu ao “desenvolvemento dos valores europeos da cooperación, integración, diversidade, tolerancia e unidade que rodean” a ruta de peregrinación.

Diálogos Compostela

A xornada do 14 de setembro abrirase cos denominados ‘Diálogos Compostela en Educación Superior’. O reitor Antonio López estará acompañado na sesión de apertura polos ex reitores Darío Villanueva e Senén Barro que abordarán precisamente o vínculo entre formación humanística e científico-técnica, así como o reto que este nexo supón para a educación universitaria.

O acto dará comezo ás 10.00 horas no CEA da USC. Unha visita guiada no marco do Xacobeo 2021 servirá de colofón para esta Asemblea cuxo acto de clausura, tamén no CEA, dará comezo ás 13.30 horas do martes 14 de setembro.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES