
A devandita cerimonia enmarcouse dentro da programación relativa á XXVII Asemblea Xeral do GCU que se desenvolve en Compostela ata este martes e do que a USC actúa como institución anfitrioa. De feito, o propio Solana, antes da cerimonia de entrega visitou o Colexio San Xerome, onde foi recibido polo reitor Antonio López para despois asinar no Libro de Honra da institución.
Estudos humanísticos e científico-técnicos
A XXVII Asemblea Xeral do GCU que finaliza este martes 14 de setembro desenvólvese baixo o lema Vinculando estudos humanísticos e científico-técnicos: un reto para as universidades. O fenómeno do Xacobeo adoita relacionarse cos valores humanísticos que dan lugar á construción de sociedades, complementados con outros valores xerados pola educación STEM, explicou o reitor Antonio López. Nesta Asemblea Xeral queremos abordar a conciliación da educación tanto humanística como científico-técnica dende o punto de vista institucional nunha contorna de análise académica e tamén de celebración cultural no corazón de Galicia, sinalou no acto de apertura deste luns, tras o cal tivo lugar a reunión do Consello Xeral do GCU no Centro de Estudos Avanzados (CEA) da USC.
Diálogos Compostela
A xornada deste martes 14, a derradeira da asemblea, abriuse cos denominados Diálogos Compostela en Educación Superior. O reitor estivo acompañado na sesión de apertura polos ex reitores Darío Villanueva e Senén Barro que abordaron precisamente o vínculo entre formación humanística e científico-técnica, así como o reto que este nexo supón para a educación universitaria.
No transcurso da mañá, a profesora da USC Lorena Casal disertou sobre novos métodos de ensino; mentres que István Tarrósy, profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Pécs (Hungría) pronunciou o relatorio Novos perfiles de coñecemento, novas titulacións, novas Universidades; e Lennart Levi, profesor emérito de Medicina Psicosocial do Instituto Karolinska (Suecia) abordou o Traballo sustentable e emprego produtivo na Educación Superior.
Preto dun centenar de participantes procedentes de doce países (Polonia, México, Xeorxia, España, Suecia, República Checa, Eslovaquia, Perú, Italia, Portugal, Alemaña e Hungría) tomaron parte ao longo de dous días neste foro. O 60% fixérono de xeito presencial e o 40%, en liña.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.