Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), amosa o seu agradecemento a toda a comunidade universitaria, pola súa participación na primeira fase da campaña de doazón nos sete campus galegos, e que supuxo acadar unha cifra de 2.234 doazóns, das cales 800 (un 35,8 %) correspondían a persoas que doaban por vez primeira. ADOS comeza o 27 de febreiro a segunda fase da campaña universitaria de doazón de sangue, que se prolongará ata o vindeiro mes de abril, marcándose como obxectivo o fomento da doazón na comunidade universitaria, así como renovar a base de doantes e superar as 4.453 doazóns recollidas no pasado curso.
O sector marítimo-pesqueiro galego recolleu entre os anos 2020 e 2023 preto de 425 toneladas de lixo das costas galegas ao abeiro de 36 proxectos colectivos desenvolvidos no marco das convocatorias de axudas para accións de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos. Estas accións promovidas desde a Consellería do Mar, que lidera en funcións Alfonso Villares, involucraron a arredor de 1.200 persoas e 145 embarcacións de confrarías e pescadores repartidas por toda Galicia. Supuxeron un investimento público de máis de 1,6 millóns de euros.
O inventario de zonas húmidas de Galicia, un rexistro público con información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos deste tipo que hai na Comunidade, acaba de ampliarse coa incorporación de 250 novos elementos e a actualización de 10 que xa estaban incluídos. Así se recolle na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, na que se informa tamén de que se pode acceder á visualización e descarga da cartografía dixital do inventario de zonas húmidas de Galicia a través do visor creado polo Instituto de Estudos do Territorio a tal fin.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha o novo Bono Deporte, unha iniciativa destinada a nenos e nenas galegos entre 6 e 16 anos que conten con licenza deportiva federada, ou que participen no programa Xogade. Este bono ofrece descontos do 80% (ata esgotar o importe do mesmo) na adquisición de material e equipamento deportivo e na realización de actividades relacionadas co deporte. Con este programa preténdese promover a vida saudable e a socialización entre os nenos e nenas, mentres se axuda ás familias a afrontar os gastos relacionados coa práctica deportiva.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Plan galego de atención domiciliaria en atención primaria 2024-2025 para potenciar e consolidar este servizo nos pacientes “que pola súa situación clínica non poden desprazarse de forma habitual ata o centro médico” coma persoas inmobilizadas, crónicos complexos ou que tras un ingreso hospitalario precisan certos coidados na súa vivenda. O obxectivo é establecer un modelo asistencial de atención domiciliaria baseado na proactividade do sistema, que é un dos piares da Estratexia galega de saúde 2030, así como na continuidade asistencial e no fomento da participación e a corresponsabilidade do paciente.
Galicia rexistrou un mes de xaneiro extremadamente cálido e normal no que respecta ás precipitacións, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. Neste sentido, o primeiro mes do ano caracterizouse por uns últimos 10 días no que as altas presións deixaron tempo seco e, ademais, atraeron aire cálido, o que provocou que as temperaturas foran elevadas para esta época. Pola contra, os primeiros 20 días foron bastante típicos dun mes de xaneiro con frecuentes borrascas e entradas de aire frío.
Baixo o lema Medrando en galego, que incide na idea de que o alumnado coñeza a lingua propia desde o berce, a cativada de Infantil e Primaria, así como os seus profesores, optan por falar en galego as 24 horas do día entre o 17 de xaneiro e o 6 de febreiro, tanto dentro como fóra do centro. Disto quedou constancia no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se compartiron as creacións dos centros participantes, así como tamén nas contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter, que un ano máis gozaron de grande alcance tendo en conta que se trata dunha actividade educativa restrinxida a un número limitado de centros e que só dura 21 días, 126 en total ao acumular as seis edicións.
A Alianza galega polo clima conta xa con 100 membros trala adhesión da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e da Acuicultura (Conxemar) ao compromiso de loita contra o quecemento global. Deste xeito a entidade -que conta con máis de 230 empresas asociadas, máis dun cento delas galegas- colaborará na creación de sinerxías para aumentar a resiliencia da Comunidade ante o cambio climático. Galicia ten avanzado moito nos últimos anos na loita contra o cambio climático pois desde 1990 reduciu un 34% as emisións brutas de gases de efecto invernadoiro e en 2021 foi a primeira comunidade en absorción de carbono con preto de 10 millóns de toneladas, o equivalente a unha de cada cinco toneladas absorbidas en todo o territorio nacional.
Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis humidais declarados de importancia internacional. Ademais, seis zonas húmidas galegas están incluídas na lista Ramsar, un recoñecemento de carácter internacional que se outorga aos espazos deste tipo máis representativos de todo o mundo. En concreto, son a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada; o complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo; a ría de Ribadeo; e o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. A Xunta ten elaborado o Inventario de zonas húmidas de Galicia.
A Xunta vai desenvolver un marco normativo para regular a protección dos dereitos de propiedade intelectual e industrial xurdidos na Formación Profesional galega. “Galicia vai ser a primeira comunidade” en contar cunha regulación. Trátase dun paso esencial para blindar que os resultados de investigación e innovación aplicada xurdidos do traballo do alumnado dos centros educativos de Formación Profesional revertan no sistema educativo. Deste marco regulador tamén se vai beneficiar o profesorado e as empresas e entidades que prestan a súa colaboración nos distintos ciclos de Formación Profesional.
« Anterior | 33  de  398 | Siguiente »

Notas sociedad

Os Bolechas comezan a súa xira de verán 'Os Bolechas Deportistas xogan no tempo'. É a segunda edición desta iniciativa, durante a cal visitarán quince concellos galegos co principal obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre os máis cativos. A xira arranca o 23 de xuño no concello de Ribeira, ás 12.00 horas, na Avenida do Malecón.
A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
Na tarde do mércores 21 de xuño, ás 16.58 horas, dá comezo o verán no hemisferio norte. En dito instante o Sol atópase no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto ao ecuador. Nestas xornadas prodúcese, polo tanto, a meirande diferencia entre o día e a noite.
Faltan 15 días para comezar o festival de cultura urbana Rompetiño Jump 2023. O equipo do Rompe xa ten pechada toda a programación cultural e deportiva que se vai desfrutar nas xornadas do primeiro fin de semana de xullo. Este ano continuarán os deportes estrela na Zona Skatepark, o BMX e o Skate. Alí se celebrarán as competicións deportivas destas disciplinas en dúas categorías, a junior e senior, masculino e feminino.
Novos investigadores da comunicación, procedentes de universidades de España e América Latina, reúnense na Facultade de Comunicación da Uvigo con motivo do IV Doctorial da Asociación Española de Investigación en Comunicación. Organizado pola asociación e a facultade, trátase dun evento dirixido a pór en contacto investigadores que traballan actualmente nas súas teses de doutoramento con “académicos e académicas de referencia no noso país”.
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca pecharon as súas portas tras cadro días nas que negocio e lecer uníronse tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades. A falta dunha hora e media para o seu peche (19.30h), o certame recibiu desde o pasado xoves a 100.684 visitantes, aumentado así as súas cifras respecto ao ano pasado.
Neste primeiro semestre de ano 2023, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade estase a apreciar un descenso no número de ofertas de traballo lanzadas polas empresas galegas para a contratación de persoas, o que desencadea unha baixada no número de insercións con respecto ao ano anterior.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), falla a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal).
'Toda a comunicación de Ucraína estudarase no futuro nas facultades'0. É parte do que se analizou este xoves no Centro Internacional de Prensa de Galicia, nunha charla impartida por Marcos Méndez, xornalista de Lugo na guerra en Ucraína e gañador neste 2023 do Premio de Liberdade de Expresión José Couso, outorgado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Melloras no equilibrio e na marcha e unha diminución do risco de sufrir caídas. Isto é o que pode achegar á poboación nonaxenaria un programa de exercicio físico baseado no uso da realidade virtual, como comprobou o investigador Pablo Campo nun dos estudos que conforman a súa tese de doutoramento. Os resultados desta investigación recóllense nun artigo publicado na revista científica Journal of clinical medicine.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES