
Un cento de participantes entre persoal investigador, estudantado, orientadores/as, docentes e profesionais do ámbito da formación e do traballo de diferentes puntos de España, Portugal e outros países daranse cita neste foro que se desenvolverá entre Ourense e Celanova.
Queremos mostrar dende unha posición periférica as nosas preocupacións e achegar coñecemento novo sobre os avances da investigación e da práctica nestas temáticas, explicou a presidenta do comité organizador e profesora da USC, Margarita Valcarce Fernández.
Asimesmo, tamén intervirán como relatores Antonio Rial, profesor Ad Honoren da Facultade de Ciencias da Educación da USC, e Joaquim Luís Coimbra, vicepresidente do Comité Científico e pertencente á Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Porto. Eles serán os encargados da conferencia inaugural, mentres que o relatorio de clausura correrá a cargo do deseñador Roberto Verino.
Entre os obxectivos que persegue este foro atópanse o feito de identificar novos desafíos na formación, orientación e inserción laboral das persoas, como consecuencia da interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal; salientar necesidades da formación, orientación e emprego derivadas da devandita interseccionalidade; outorgar visibilidade ao potencial deste fenómeno, para lograr unha maior empregabilidade, na investigación sobre formación, orientación e inserción laboral; coñecer boas prácticas; debater sobre as posibilidades de futuro e sinalar liñas de acción, entre outros.
No acto de presentación que se desenvolveu este xoves 14, Jesús García, secretario da Facultade de Ciencias da Educación, afirmou que este congreso xa é decano na nosa Universidade. É moi destacable a traxectoria deste interese científico e académico que fai 23 anos; tamén é de gran relevancia porque serve de punto de encontro e atende o obxectivo de transferencia de coñecemento da Universidade para que chegue á sociedade; e por último porque este congreso permite tecer redes con institucións, organizacións e outras entidades nun ámbito tan sensible como é a formación e o emprego cun carácter transfronteirizo, engadiu.
A presentación, que tivo lugar no Centro Cultural José Ángel Valente de Ourense contou tamén coa participación de José Pedro Machado, subdelegado rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional; Marta Vázquez Guzmán, directora do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros; e Rosendo Luis Fernández, deputado provincial en materia de Turismo. O Concello de Ourense tamén estivo representado polo tenente de Alcalde, Armando Ojea; e a concelleira de Educación e Xuventude, Tamara Silva. Tamén participou no acto a tenente de Alcalde do Concello de Celanova, Teresa Barge; Joaquim Luis Coimbra, vicepresidente do Comité Científico; e o decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.