Notas de prensa

Guerrilla presenta a súa programación máis extensa e ambiciosa

Presentouse a programación completa de Guerrilla no Concello de Pontevedra. Nela participarón Demetrio Gómez, Concelleiro de Cultura; Manuel Roxo, representante de Culturactiva e Mercedes Peón, artista que participará este co seu espectáculo Osmose. Xuntas achegáronnos en primicia a esencia da programación. Guerrilla cumpre tres anos en Pontevedra e celébrao coa súa programación máis extensa e ambiciosa.

Os días 29, 30 e 5,7 e 8 de outubro pasarán por Pontevedra artistas como Mercedes Peón, Leo Bassi, MJ Pérez, O Rabelo, Olatz Gorrotxategui ou Fermín Muguruza. As asistintes poderán gozar de teatro, clown, música e audiovisuais nos que se tratan as principais loitas sociais dun xeito transversal.

A interseccionalidade nas loitas sociais é a esencia de Guerrilla este ano. Abordarase os feminismos e a diversidade afectivo sexual e de xénero con MJ Pérez e O Rabelo; Recordarase a loita das traballadoras da fábrica de Pontesa a través da performance de Mercedes Peón; viaxarase ata a época do rock radical vasco coa obra de teatro de Olatz Gorrotxategui ‘Mierda de Ciudad: la historia del rock radical vasco”’; Leo Bassi fará rir a todo o público coa súa obra 70, na que reflexiona sobre o paso do tempo e a vellez dende unha perspectiva cómica e tamén poderemos ver o documental Bidasoa 2018-2023, que recorda as persoas migrantes que faleceron no río do mesmo nome mentres intentaban cruzar a fronteira entre Irun e Hendaia. Nesta actividade contaremos cun coloquio posterior de Essoh Romeo Atchori, Yedoh Aetz Atchori Lazkano e Miren Larraitz Lazkano Vendrell.

Guerrilla, 2023-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES