Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

O obxectivo da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, como instrumento de colaboración público-privada promovido pola Xunta de Galicia -e que está formada por 10 asociacións e clústers do sector que representan 700 empresas, centros de coñecemento, a CEG, os sindicatos, así como as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e empresas tractoras como Enagás, Iberdrola, Reganosa, Navantia, Repsol ou Ence- é maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial, vinculado a este vector enerxético.
A Cidade da Cultura pecha este xoves o programa de fomento da cultura científica Ciencia parece pero non é co catedrático Darío Villanueva, que afondará no pensamento crítico e uso da linguaxe. Esta será a última das conferencias dun ciclo que reuniu desde xaneiro reputados relatores. Neste tempo alcanzáronse unhas 5.000 visualizacións na súa retransmisión online e participaron preto dun cento de docentes no curso que acompaña ao ciclo. O catedrático Darío Villanueva, exreitor da Universidade de Santiago e expresidente da Real Academia Española, realizará un achegamento á investigación e reflexión sobre pensamento crítico, razón e fenómenos de manipulación a través do uso da linguaxe no seu relatorio Imposturas intelectuais e atropelo á razón.
Un total de 1.200 alumnos desde 6º de Primaria a 4º de ESO poderán mellorar a súas competencias en inglés o vindeiro outono participando na iniciativa Digitalweek organizada pola Xunta de Galicia. O Portal Educativo publica a convocatoria deste programa de estadías lingüísticas, que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do curso escolar 2023/24 nun centro residencial situado en Galicia en quendas dunha semana (desde o domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá).
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou máis medidas de protección por parte do Goberno galego para os propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal. O mandatario autonómico participou hoxe na sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.
A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, convidou aos equipos de prevención de condutas aditivas, xestionados por concellos e asociacións sen ánimo de lucro, así como a profesionais e asociacións implicados na atención e protección de menores, para darlle difusión ao Programa PROTEGO, e que o poidan utilizar para mellorar as habilidades educativas das familias así como as relacións entre pais e fillos.
Ana Souto Mínguez, Cinthia Piñeiro Acevedo e Carmen Castrillo Sotelo. As tres son mulleres, as tres se formaron nas universidades galegas e as tres están comprometidas coa loita pola igualdade. Elas son as gañadoras da terceira edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores Traballo Fin de Grao e Traballo Fin de Máster en materia de igualdade e dereitos das mulleres e este luns recibiron os seus galardóns nun acto celebrado na sala de xuntas Manolo Ramos do edificio Ernestina Otero.
O presidente da Xunta resaltou que Galicia contará cunha nova lei de igualdade que situará a Galicia á vangarda ao ser 'a primeira comunidade que vai regular o concepto de sustentabilidade social empresarial', co que aspira a modernizar e revolucionar a cultura empresarial con base nos valores ambientais, sociais e de gobernanza que están a rexer os mercados a nivel mundial. 'O obxectivo é garantir que todas as galegas e galegos teñas as mesmas oportunidades e evitar calquera discriminación da muller'. Un dos 'eixos principais' da futura normativa van ser 'actuacións no eido laboral'. Nesta liña, subliñou que 'a Lei impulsará o benestar laboral como piar para guiar as políticas de emprego' e puxo como exemplo o impulso de medidas 'para a conciliación, a flexibilidade horaria ou o teletraballo'.
Foi clausurado o IX Congreso FP Empresa organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional, coa participación de arredor de 600 centros educativos de toda España que imparten estas ensinanzas, ademais de representantes das administracións e das empresas. Participou o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que sinalou que “todas as partes son imprescindibles” para avanzar nestas ensinanzas que hoxe en día “son a primeira opción educativa para moitos mozos.
Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco, segundo o avance do informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. O mes de abril caracterizouse pola chegada de masas de aire cálido procedentes do sur, que deixaron unhas temperaturas medias moi elevadas para este mes, particularmente, no caso das máximas no interior. En canto ás chuvias, houbo un déficit con respecto ao que sería normal en abril, pero non moi acusado, xa que a mediados do mes tivemos una chegada de río atmosférico que aportou cantidades apreciables de chuvia.
Galicia contará este ano cun total de 113 praias pertencentes a 34 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en todo o país e consolida a súa posición entre as tres comunidades autónomas que reciben cada ano un maior número de distintivos para as súas praias, só superada por Valencia (135) e Andalucía (127).
| 32,9  de  387 | Siguiente »

Notas sociedad

Gadis leva máis de 20 anos enriquecendo Alimentes, programa educativo para fomentar a alimentación saudable, a actividade física, o consumo responsable e evitar o desperdicio alimentario desde a infancia, e que retoma as visitas presenciais en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Barbanza, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca e Valladolid.
As universidades de Santiago de Compostela e de Vigo amplían a súa colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia. A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, asinou unha addenda ao convenio subscrito con ambas institucións académicas en marzo de 2020.
Investigadores do grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo veñen de avaliar nun estudo o impacto das medidas para favorecer a conciliación laborar e familiar das familias numerosas durante 2022, tomando como exemplo políticas de varias comunidades autónomas e países como Francia ou Alemaña.
O proxecto Transferencia de Coñecemento Educativo (EKT, polas súas siglas en inglés) é unha “alianza de coñecemento para a educación superior” que coordina o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.
O xurado do IX Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC e o Consello Económico e Social de Galicia, deu a coñecer o seu ditame para distinguir aqueles traballos de investigación que contribúen ao mellor coñecemento da realidade económica e social de Galicia.
'Un encontro para conectar e coñecerse', así definiu David Posada, catedrático e investigador do Cinbio, a Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero, celebrada en Vigo, tras as doce edicións en A Coruña. A investigadora María Mayán do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña foi a encargada de dar a benvida ao IYI Meeting aos preto de 80 investigadores participantes.
O debuxo da lucense Sabela Giz Castro, de 10 anos, alumna do Colexio PP. Franciscanos, ilustra a felicitación do Nadal do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), como gañador no concurso de debuxo infantil convocado polo Colexio con este fin.
Non existe ningunha estatística oficial que reflicta cantas investigadoras e investigadores españois traballan no estranxeiro na actualidade, pero aínda que as universidades e os organismos públicos de I+D tratan de reter o talento e de traer de volta o que xa optou por emigrar, este colectivo segue medrando. Algúns deles regresan á casa polo Nadal, unha boa ocasión para organizar unha xuntanza.
Os Bolechas este Nadal recibirán unha visita moi especial... non se trata dos Reis Magos de Oriente, nin de Papá Noel, nin tan sequera do Apalpador... Tampouco chegará en camelos, como os Magos de Oriente, nin en burro como o Apalpador, nin en zorra tirada por renos como Papá Noel... É unha bruxa! Pero unha bruxa boa... moi, moi boa... molto buona! É a bruxa Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos.
Impulsada pola Universidade de Vigo, a Asociación de Familiares y Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia (Afaga) e a entidade de innovación social Atendo, a Cátedra de Idadismo nacía neste 2022 co obxectivo de combater o conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razón da súa idade.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES