Noticias

A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde completa a posta en marcha dos seus catro comités executivos

O obxectivo da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, como instrumento de colaboración público-privada promovido pola Xunta de Galicia -e que está formada por 10 asociacións e clústers do sector que representan 700 empresas, centros de coñecemento, a CEG, os sindicatos, así como as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e empresas tractoras como Enagás, Iberdrola, Reganosa, Navantia, Repsol ou Ence- é maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial, vinculado a este vector enerxético.

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá na posta en marcha do Comité Executivo de Proxectos Tractores e Infraestruturas da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde. Con este xa están activos os catro comités que forman a gobernanza da Alianza, pois xa comezaron os traballos dos comités executivos de Instrumentos e Normativa, de Capacidades Industriais e de Formación e Innovación.

Neste cuarto comité creado no marco da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, expúxose a folla de ruta para o ano 2023 na que se contempla fomentar colaboracións e proxectos conxuntos con compromiso de implantación industrial en Galicia; a análise dos traballos do resto de comités desde a perspectiva de promoción dos proxectos tractores; así como impulsar as infraestruturas necesarias que se precisan para desenvolver estas iniciativas empresariais. Especialmente, no eido da planificación eléctrica -desde a Xunta xa se trasladou ao Goberno a necesidade de contar con 1200MW adicionais para a posta en marcha de novos proxectos antes de 2026- e dos gases renovables, a través do corredor atlántico do hidróxeno verde.

O obxectivo da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, como instrumento de colaboración público-privada promovido pola Xunta de Galicia -e que está formada por 10 asociacións e clústers do sector que representan 700 empresas, centros de coñecemento, a CEG, os sindicatos, así como as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e empresas tractoras como Enagás, Iberdrola, Reganosa, Navantia, Repsol ou Ence- é maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial, vinculado a este vector enerxético.

R., 2023-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES