//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O presidente da Xunta garantiu que o Goberno galego traballará ata o último momento ata que as praias galegas estean absolutamente limpas de residuos de pellets que están a chegar pola vertedura destes plásticos por parte do mercante Toconao. Desde o primeiro momento o obxectivo da Xunta é claro; non descansar ata que as praias queden totalmente limpas, garantiu, despois de informar da análise que o Consello da Xunta fixo sobre o impacto da vertedura de pellets.
O Consello da Xunta aprobou o Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTI fóbicas nos espazos de lecer nocturno. Esta medida enmárcase no obxectivo de tolerancia cero ante calquera tipo de violencia e busca previr, detectar e saber como actuar no caso de detectar algunha. É o resultado dun proceso participativo coas achegas do Observatorio da Violencia de Xénero, do Observatorio LGBTIQ+, e das entidades representativas do sector que, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, fixeron as súas alegacións: a Federación de Hostelería de Pontevedra (Feprohos), a Federación de Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia (Fesdiga), a Asociación de Hostelería de Galicia e a Asociación Galicia de Noite.
A Xunta de Galicia intensificará a vixilancia das praias ante a posible chegada de máis pellets nos vindeiros días polo cambio das condicións marítimas, segundo informou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Durante a reunión que mantivo esta tarde con técnicos de MeteoGalicia para analizar a evolución das correntes mariñas, á que tamén asistiron o subdirector xeral de Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, e a directora de Instituto tecnolóxico para o control do medio mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, avaliáronse as previsións meteorolóxicas e a súa incidencia no desprazamento do material vertido polo mercante Toconao en augas portuguesas. Nesa liña, a vicepresidenta segunda explicou que un cento de efectivos se unirán, nos próximos días, ás máis de 200 persoas do operativo medioambiental despregado pola Xunta.
A Cidade da Cultura acolle neste primeiro mes do ano unha selección do mellor cine para público miúdo cunha nova edición de Pequefilmes, o festival internacional de curtametraxes infantís que proxectará no Gaiás máis de medio cento de obras procedentes de 16 países, o 26, 27 e 28 de xaneiro. Con Pequefilmes, a Xunta consolida a súa aposta por ofrecer contidos audiovisuais de calidade desde idades temperás, fomentado o gusto polo cinema e o espírito crítico da rapazada, que será a encargada de elixir cos seus votos as mellores curtametraxes que serán premiadas no festival.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou hoxe pola mañá na sesión extraordinaria do Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, convocada polo Ministerio de Sanidade, para abordar actuacións coordinadas en materia de saúde pública en relación co incremento de infeccións respiratorias.Segundo Comesaña, a reunión chega tarde, foi improvisada e ademais sen convocar previamente a Ponencia de Alertas nin a Comisión de Saúde Pública. Non se poden tomar decisións sen escoitar antes aos expertos, así que resulta sorprendente que se convoque un Consello Interterritorial sen reunir antes os técnicos.
A Xunta organizará no primeiro trimestre deste ano varias mesas de traballo abertas á participación de todos os membros da Alianza galega polo clima, para sentar as bases para establecer novas vías de colaboración e sinerxías na loita contra o cambio climático. Serán os primeiros encontros promovidos para favorecer o intercambio de experiencias, proxectos e iniciativas entre os aliados. Ano e medio despois da posta en marcha desta iniciativa para fomentar a colaboración entre axentes sociais e económicos e sumar o maior número de apoios en Galicia, chegou o momento de dar un paso máis e promover sinerxías entre os case 100 socios que suma.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade lembra da importancia de vacinarse fronte a covid-19 e a gripe con motivo das xuntanzas familiares que son habituais no Nadal. Así, mantén habilitado o sistema de autocita para vacinarse de ambas infeccións respiratorias no conxunto de hospitais da rede sanitaria pública galega. Deste xeito, tanto as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos -con algunha condición de risco-, como as persoas de 60 e máis anos, poden facer uso do sistema de autocita para seren vacinados no seu hospital de referencia.
Galicia revalida o seu liderado como a Comunidade Autónoma con máis sendeiros azuis, cun total de 49 itinerarios recoñecidos, 14 máis que en 2023. Este galardón de bandeira sendeiro azul, concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna. Os 49 sendeiros azuis cos que contará Galicia en 2024 pertencen a 26 concellos, dos que 8 están na provincia da Coruña, 4 na de Lugo e 13 na de Pontevedra.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo. A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.
O Servizo Galego de Saúde presentou, a finais da pasada semana, ante a Comisión Central de Seguridade e Saúde do Sergas, o informe de avaliación de riscos psicosociais para o conxunto da organización, que servirá de base para implementar un conxunto de medidas destinadas á mellora da calidade laboral e o benestar dos seus traballadores. Este proceso iniciouse en novembro do ano 2022, desde a área de Recursos Humanos do Sergas, mediante a campaña Contorno de traballo saudable, na que remitiu a todo o persoal un Cuestionario de benestar para coñecer a súa situación e percepción laboral; realizou diversas Enquisas ás liñas de mando para recoller información sobre os equipos de traballo; e organizou un total de 33 reunións dos denominados Grupos Focais.
O CITIC da UDC recibiu o 11º premio Miguel Blanco da FEGADACE polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social así como o exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido. No acto de entrega, que tivo lugar na Cidade da Cultura no marco da II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral, estiveron por parte do CITIC, o seu director, Manuel F. González, e os investigadores Thais Pousada e Manuel Lagos.
A Xunta ten aberto o prazo para solicitar praza bonificada en residencia de estudos o vindeiro curso 2023-24 nos centros residenciais docentes da Coruña ( Concello de Culleredo), Ourense e Vigo, unha convocatoria dirixida a estudantes de ensino posobrigatorio (principalmente de Bacharelato e de Formación Profesional).
Os Bolechas comezan a súa xira de verán 'Os Bolechas Deportistas xogan no tempo'. É a segunda edición desta iniciativa, durante a cal visitarán quince concellos galegos co principal obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre os máis cativos. A xira arranca o 23 de xuño no concello de Ribeira, ás 12.00 horas, na Avenida do Malecón.
A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
Na tarde do mércores 21 de xuño, ás 16.58 horas, dá comezo o verán no hemisferio norte. En dito instante o Sol atópase no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto ao ecuador. Nestas xornadas prodúcese, polo tanto, a meirande diferencia entre o día e a noite.
Faltan 15 días para comezar o festival de cultura urbana Rompetiño Jump 2023. O equipo do Rompe xa ten pechada toda a programación cultural e deportiva que se vai desfrutar nas xornadas do primeiro fin de semana de xullo. Este ano continuarán os deportes estrela na Zona Skatepark, o BMX e o Skate. Alí se celebrarán as competicións deportivas destas disciplinas en dúas categorías, a junior e senior, masculino e feminino.
Novos investigadores da comunicación, procedentes de universidades de España e América Latina, reúnense na Facultade de Comunicación da Uvigo con motivo do IV Doctorial da Asociación Española de Investigación en Comunicación. Organizado pola asociación e a facultade, trátase dun evento dirixido a pór en contacto investigadores que traballan actualmente nas súas teses de doutoramento con académicos e académicas de referencia no noso país.
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca pecharon as súas portas tras cadro días nas que negocio e lecer uníronse tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades. A falta dunha hora e media para o seu peche (19.30h), o certame recibiu desde o pasado xoves a 100.684 visitantes, aumentado así as súas cifras respecto ao ano pasado.
Neste primeiro semestre de ano 2023, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade estase a apreciar un descenso no número de ofertas de traballo lanzadas polas empresas galegas para a contratación de persoas, o que desencadea unha baixada no número de insercións con respecto ao ano anterior.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), falla a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal).