
Organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), participarán especialistas e investigadores da súa extensa obra bibliográfica e xornalística como a súa biógrafa Rosario Martínez, a profesora da Universidade de Cracovia Maria Filipówicz-Rudek ou a descendente de Sofia, Joanna Kujawisnska. Rematará a xornada coa proxección da película A outra Galicia, de Marcos Gallego, baseada na chamada Galicia polaca onde maiormente residiu Sofia coa súa familia eslava.
Nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926, Sofía Casanova foi a primeira española correspondente dun diario no estranxeiro e realizou máis de trinta viaxes por Europa. Os seus escritos foron publicados no diario ABC e en numerosas publicacións galegas da época. Da súa faceta xornalística destacan a entrevista a Leon Trotski no San Petersburgo revolucionario de 1917 e a crónica da morte de Rasputin. Membro de honra da Real Academia Galega, escribiu ducias de libros, obras de teatro, traducións e diversos poemarios.
Paralelamente a este acto de homenaxe, o CiPG ten ao público ata o día 5 de xullo unha exposición en recoñecemento ás precursoras galegas da comunicación con xornalistas como a propia Sofia Casanova, Mariluz Morales ou Concha Castroviejo, e destacas escritoras de gran relevo público como Filomena Dato, Emilia Pardo Bazán ou Avelina Valladares, entre outras.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.