//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O censo oficial recolle este ano un total de 507 zonas de baño, tanto marítimas como continentais. Delas, un 80,8% obtivo unha clasificación sanitaria excelente segundo os datos publicados no informe técnico anual ao peche da campaña 2017 e que son os que están vixentes durante este verán. Segundo se recolle neste informe, ademais das mencionadas zonas de de baño con clasificación excelente, o 11,7 % obtiveron unha clasificación boa, o 5,1% unha clasificación suficiente e o 2,4 % unha clasificación sanitaria insuficiente.
Na súa 32ª edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia continuou o seu ascenso de popularidade para converterse nunha das citas estatais musicais imprescindibles do verán. Cun modelo de festival de rúa, que aposta pola cultura próxima e de calidade, sen esquecer as figuras internacionais, a cita coruñesa conquistou nesta ocasión a máis de 90.000 persoas. Coa cidade como un escenario máis, chamado a ocupar un papel protagonista, o festival converteuse nun dos eventos urbanos máis importantes da península, atraendo a atención de miles de persoas, coruñesas e visitantes en busca dunha experiencia musical e cultural completa.
Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística O galego campa!. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.
O programa Xuventude Crea está dirixido a mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2017. A novidade con respecto á edición anterior é que se inclúe unha disciplina nova, o skate, co que o total de especialidades nas que se poderá participar ascenderá nesta ocasión a 13: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, skate e videocreación. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.
O balance da actividade do Servizo Galego de Saúde neste primeiro semestre de 2018 reflicte un aumento global de toda a actividade. En total realizáronse 110.374 intervencións cirúrxicas en quirófanos ou en salas especiais, 534 intervencións cirúrxicas máis que no mesmo período do ano anterior. Isto é un 0,49% de incremento de actividade con respecto de 2017. Da totalidade de intervencións, 93.413 foron programadas e 16.961 urxentes. Ademais, o 54% do total foron ambulatorias polo que non precisaron estancia hospitalaria no paciente.
O Plan de transporte público de Galicia, que hoxe cumpre un ano da súa posta en funcionamento por parte da Xunta, rexistrou máis de 5,3 millóns de viaxeiros, un 1,2 % máis nos usuarios xerais, ao incrementar os servizos de autobús en máis dun 37 %. O plan aumentou a cobertura territorial do transporte, triplicando o número de paradas e rebaixando as tarifas en ata un 80%. Os contratos potenciaron a rede de transporte existente, ao pasar de 11 a 15 millóns de km de servizo anuais. Esta iniciativa impulsada pola Xunta é útil para os veciños, sustentable desde o punto de vista ambiental e viable a nivel económico.
A Consellería de Medio Ambiente vén de resolver dúas ordes de axudas para acometer nos anos 2018 e 2019 actuacións de preservación, recuperación e mellora en espazos incluídos na Rede Natura 2000 e no ámbito dos parques naturais de Galicia. En total, son 224 proxectos por un importe de 3.063.802,30 euros, un 61,5% máis que a contía concedida na convocatoria anterior. A través destas dúas ordes de axudas financiaranse investimentos non produtivos para acadar os obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito da Rede Natura 2000 e dos parques naturais de Galicia.
Un total de 114 novos centros sostidos con fondos públicos incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 267 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos, un 55% máis. Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Do total dos 267 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (38 novos para o vindeiro curso), 49 de Lugo (24 novos), 19 de Ourense (11 novos) e 108 de Pontevedra (41 novos). Por ensinanzas, do total de 114 novos centros, 66 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 41 en Secundaria e outros 11 fano en Primaria e Secundaria.
A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa dunha situación de alerta de vaga de calor en 43 concellos. Segundo informa Meteogalicia, agárdanse valores de temperatura máxima moi semellantes aos acadados onte. Isto quere dicir que novamente se superarán os 37ºC no Miño de Ourense e Pontevedra, Sur de Lugo e Valdeorras. Ademais, en moitos puntos do centro e sur da Comunidade as máximas superarán os 34ºC.
Galicia contará no último trimestre deste ano cunha nova estratexia de formación profesional para adiantarse aos perfís profesionais do futuro e afrontar os novos desafíos. Na súa intervención na rolda de prensa do Consello que Galicia o responsable do Goberno galego afirmou que a Administración autonómica seguirá traballando na súa aposta por consolidar un modelo de FP de referencia en toda España. O primeiro Campus FP a nivel nacional está xa a desenvolverse en Vigo; un proxecto que inclúe unha rede de traballo entre os 16 centros da comarca e a construción do centro FP Hub, que actuará como corazón do campus.
Global Law Expertsotorga esta condecoración al bufete gallego especializado en derecho de las nuevas tecnologías.
O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago dedica unha acción específica á colaboración entre a Xunta e as entidades eclesiásticas da ruta xacobea para traballar conxuntamente na xestión de equipamentos, programas de apertura do patrimonio eclesiástico ou mellora do acompañamento e acollida ao peregrino.
O material filmado en 1932 por Enrique e Ramón Barreiro, do que se ofreceu un adianto a primeiros de ano en Pontevedra, abre o ciclo que a filmoteca galega lle dedica ao seu labor de recuperación e difusión do patrimonio audiovisual, e inclúe o Noticiario de Vigo rodado por José Gil en 1928.
A directora de Turismo de Galicia participou na sesión plenaria sobre Políticas Públicas en Termalismo do I Congreso Internacional da Auga celebrado no marco de Termatalia.
Lara Méndez e Carmen Basadre presentaron a programación oficial do San Froilán 2015, do 3 ao 12 de outubro, que conta con máis de 50 actuacións con denoninación de orixe Lugo e cunha homenaxe a Trapero Pardo a través da música tradicional galega como banda sonora deste San Froilán, polo 20º aniversario do seu pasamento.
O filme de Rafael Toba abre un programa especial de proxeccións que se desenvolve todos os luns ata o 19 de outubro en Santiago de Compostela.
Cooperativa de Cine e Documental propón esta obra que afonda na presenza árabe en Galicia a partir da historia dos colonos galegos que repoboaron o sur de Granada tras a expulsión dos mouriscos no século XVI.
Na degustación, deseñada polo cociñeiro do Grupo Nove, participa tamén a D.O. do Ribeiro cunha cata comentada pola sumiller Cristina Alcalá. Pepe Solla prepara unha degustación con produtos integramente galegos nuns pratos innovadores pero sen perder a tradición e a esencia de Galicia para atraer a bloggers e xornalistas.
O vento máis forte soprará na zona sur e da montaña de Ourense, onde os refachos de vento poderán superar os 110 km/h. A Comisión Escolar de Alertas recorda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar nos centros de ensino. Emerxencias informa dun temporal costeiro de nivel laranxa na Coruña e Lugo.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na reunión da comisión CIVEX do Comité das Rexións europeo. O encontro estivo marcado polo actual debate sobre a migración. Gamallo propuxo a creación dun observatorio permanente no seno do CdR encargado de analizar o cumprimento da actual Axenda Europea de Migración.
Ana Pontón e Marcos Maceira reclaman modificar a lexislación para protexer o galego.