
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participaron na sesión plenaria sobre Políticas Públicas en Termalismo do I Congreso Internacional da Auga celebrado no marco de Termatalia.
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou as potencialidades da auga para o sector turístico galego, facendo fincapé no turismo de saúde e nas políticas levadas a cabo ao redor del para o seu desenvolvemento e fortalecemento.
Nava Castro explicou que Galicia posúe unha gran tradición milenaria vinculada ao termalismo atesourando a nosa comunidade máis de 300 captacións catalogadas. Existe unha afloración mineiro-mediciñal por cada 10.000 habitantes polo que a auga termal constitúe hoxe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico da comunidade galega, afirmou.
A responsable de Turismo da Xunta sinalou que máis dunha vintena destas captacións teñen a cualificación de balneario, ocupando Galicia a primeira posición en canto a número de establecementos balnearios a nivel nacional.
Nava Castro referiuse tamén á calidade que define o sector termal galego destacando que Galicia é líder en balnearios certificados coa Q de Calidade. En total 8 dos 37 balnearios de España con esta distinción atópanse en Galicia, incidiu.
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia expuxo as principais políticas públicas postas en marcha en torno ao termalismo recollidas no Plan Termal destacando que o termalismo constitúe un dos produtos máis importantes e estratéxicos de Galicia como destino único.
Por último, referiuse a Termatalia como unha cita inescusable para calquera entidade que desexe promover e difundir o turismo de saúde do seu territorio. Neste senso afirmou que a Xunta de Galicia sempre apostou pola súa continuidade como principal ferramenta de promoción do termalismo galego.
Nava Castro concluíu a súa intervención afirmando que o turismo termal é un dos baluartes da comunidade galega que converte a experiencia turística nun novo modo de descubrir os atributos dun lugar único.
Amplo programa
Con esta mesa deu comezou un amplo programa que conta con 50 comunicacións, ademais de posters, e que aborda un abanico moi amplo de temáticas ao redor de catro eixos, que son as augas mineromediciñais e termais, o patrimonio e a arquitectura termal, o turismo experiencial e de saúde e a investigación xeral sobre a auga.
Para abordar estas cuestións, á cita asisten expertos de Francia, Italia, Brasil, Arxentina, Estados Unidos, Portugal, Reino Unido, Ecuador, México, Finlandia e España.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.