Notas de prensa

O Plan director do Camiño impulsa a colaboración coas entidades eclesiásticas da ruta

O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago dedica unha acción específica á colaboración entre a Xunta e as entidades eclesiásticas da ruta xacobea para traballar conxuntamente na xestión de equipamentos, programas de apertura do patrimonio eclesiástico ou mellora do acompañamento e acollida ao peregrino.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, presentaron o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago ao deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez.

Durante o encontro, a directora de Turismo de Galicia explicoulle ao deán as numerosas iniciativas que aborda o Plan co obxectivo de acadar no 2021 un Camiño de Santiago xestionado integralmente por todas as administracións e axentes implicados, hospitalario, sostible social, económica e medioambientalmente, protexido, conservado e posto en valor, que satisfaga as necesidades do peregrino e cumpra as súas expectativas, conectado globalmente e accesible, xerador de coñecemento e con difusión internacional e que posicione internacionalmente a marca Galicia.

A responsable de Turismo da Xunta fixo referencia aos catro eixes de desenvolvemento que establece o Plan Director do Camiño de Santiago para lograr estes obxectivos centrados na gobernanza, na xestión, no uso e na difusión, e que recollen un total de oito liñas estratéxicas.

Neste senso, Nava Castro incidiu no eixo da gobernanza, o cal establece un plan de acción destinado á colaboración entre a Xunta e as entidades eclesiásticas do Camiño.

A través deste plan de acción, enmarcado na liña estratéxica centrada na coordinación e organización administrativa, o Plan Director define unhas liñas de traballo de carácter plurianual en materia de xestión compartida de equipamentos entre a Xunta e as entidades eclesiásticas.

Así mesmo, Turismo de Galicia e as entidades eclesiásticas do Camiño colaborarán en programas de apertura do patrimonio eclesiástico e na mellora do acompañamento e acollida ao peregrino.

Por outra parte, o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago valora a posibilidade de establecer convenios de colaboración coas Dióceses do Camiño de Santiago en Galicia –Santiago, Ourense, Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo- para o desenvolvemento dun traballo coordinado a prol do Camiño de Santiago e a cultura xacobea.

Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos en Compostela
Un dos grandes proxectos recollidos no Plan Director do Camiño é a creación do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos en Compostela xa posto en marcha e que se inaugurará nas próximas semanas grazas ao convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A creación deste Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos comprace unha vella aspiración dos peregrinos que cando chegaban ao final do Camiño non atopaban un lugar onde poder expresar as súas emocións e experiencias e onde poder informarse sobre Galicia e o seus recursos.

Así, o centro suporá un fito na atención aos peregrinos xacobeos, feito que é necesario dado o actual dinamismo do Camiño de Santiago e o incremento continuado do número de peregrinos.

O Centro, que terá unha superficie superior aos 1.400 m2, contará con diversos servizos como unha Oficina do Peregrino, un Salón de Actos, unha Capela, un centro interconfesional, unha área de información turística, unha biblioteca e centro de documentación xacobeo, unha zona de atención en idiomas ou unha área para asociacións de amigos do Camiño, entre outros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES