Noticias

Case 1500 rapaces e rapazas de estadía nos campamentos participaron no programa o galego ‘Campa! 2018’

Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.

Concretamente, aos de Vilanova de Arousa, Forcarei, Bueu, Boiro, Sada, Bergondo, Melide, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Entrimo, Manzaneda, Muíños e A Mezquita. As intervencións nos campamentos e a entrega ao monitorado de materiais en galego complétanse coas fichas e propostas do Repositorio dixital de tempo libre en galego, de libre acceso para educadores e educadoras e para calquera outra persoa interesada. Os criterios para a escolla das actividades e das dinámicas que integran o repositorio foron o interese educativo, a variedade de temáticas, a aplicabilidade a grandes grupos en contexto de campamento e o peso da expresión oral no conxunto da actividade.

Toda información e materiais están dispoñibles, para a súa descarga de balde, no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

Escoita activa, argumentación e cidadanía global en galego

Na liña do ano 2017, esta edición de O galego campa! xirou arredor das temáticas de cidadanía global en galego e habilidades de escoita activa e argumentación. Cidadanía global porque se traballaron en galego valores para abrir fiestras ao mundo. Escoita activa, expresión oral e argumentación para mellorar a capacidade e a seguridade dos adolescentes de expresarse na lingua propia de Galicia e mesmo en calquera outra. Cada sesión, de dúas horas de duración, configurouse en tres partes: unha introdutoria, outra principal e unha de remate/avaliación.

A actividade central, titulada A longa viaxe, consistiu en situar os participantes ante un dilema que moitas persoas do mundo que viven en lugares en conflito atopan cada día: seguir resistindo as condicións cada vez máis duras do país ou abandonar casa, familia e o mundo que se coñece por outro que non se viu para intentar saír adiante. Mediante escollas consensuadas tras os pertinentes debates, cada grupo púxose no lugar da xente que se enfronta a esta disxuntiva para ir tecendo a súa propia historia.

Plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade

Os obxectivos xerais de O galego campa! están en consonancia cos recollidos no documento estrutural básico do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, un plan que está elaborando a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A finalidade última deste programa é promover a galeguización lingüística das actividades educativas de tempo libre en Galicia mediante a realización de intervencións de educación non formal que axuden a desenvolver actitudes positivas cara á lingua galega por parte de mozas, mozos, educadoras e educadores.

Para iso, ofrécense actividades de dinamización que permitan introducir de modo empático a lingua galega nos campamentos, propostas educativas que favorezan a reflexión e a anovación metodolóxica de programas entre os equipos de profesionais que traballan na campaña de verán e intervencións no tempo libre de calidade co galego como referente.

R., 2018-08-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES