//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A enfermidade do Párkinson é un trastorno neurodexenerativo que afecta o movemento das persoas. Prodúcese debido á perda ou dexeneración de neuronas situadas na substancia negra, unha estrutura que se atopa na parte media do cerebro. Esta perda provoca falta de dopamina, un neurotransmisor esencial para a función motora do organismo. Os doentes adoitan sufrir tremores, rixidez muscular e problemas de equilibrio e coordinación. Trátase dunha enfermidade que prexudica o sistema nervioso de forma crónica e progresiva. Unha das características desta patoloxía é a disfunción mitocondrial; é dicir, o mal funcionamento das mitocondrias nas células do paciente.
O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura a exposición 'En construción', que subliña o encontro entre arte e arquitectura no CGAC. A mostra, que estará aberta ata o 28 de outubro, 'afonda na idea de construción como clave para comprender a relación do ser humano co espazo, a paisaxe e a casa', segundo sinalou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Lembrou, ademais, que o museo está a piques de celebrar o seu 25 aniversario e sinalou que é 'un espazo de diálogo e convivencia para artistas moi dispares'.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou durante a rolda de prensa do Consello a aprobación dunha nova convocatoria de axudas que permitirá a creación de 15 novas casas niño no rural. Feijóo precisou que a día de hoxe o rural galego conta con 46 casas niño -3 na provincia da Coruña, 13 en Lugo, 27 en Ourense e 3 en Pontevedra- que, cun investimento de preto de 5 millóns de euros, ofrecen 230 prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia. O presidente do Goberno galego aseverou que o obxectivo desta convocatoria será chegar a 61 casas niño funcionando en Galicia e dar atención a 305 rapaces de 0 a 3 anos.
O 'Corazón da Artesanía. VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia', organizado pola Fundación Artesanía de Galicia, volverá encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Entre o venres e o domingo, os visitantes poderán coñecer os 49 expositores de produtos gourmet así como o traballo de 52 artesáns de 26 oficios diferentes.
As tres universidades galegas ofertarán por primeira vez o vindeiro curso 2018/19 catro graos en inglés. Así o avanzou na Comisión 4ª do Parlamento o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, quen detallou os títulos que estrearán este formato: Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña; Grao en Química da Universidade de Santiago; e Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación e Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais, ambos da Universidade de Vigo. Esta acción enmárcase no decálogo de medidas do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o trienio 2018-2020.
As Visitas Astronómicas volven este verán á Cidade da Cultura, convertendo o monte Gaiás nun observatorio privilexiado do ceo nocturno de Compostela. Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica de balde previa inscrición nas que gozar a un tempo da maxia das estrelas e da arquitectura do complexo de Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos e seguindo as explicacións técnicas de monitores, as persoas asistentes observarán a lúa, os planetas, estrelas dobres ou nebulosas, aprendendo ademais, valéndose dun planisferio, a identificar as constelacións á primeira ollada.
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, remite ao ministro de Cultura, José Guirao unha carta en que explica a situación do proceso de reclamación do Pazo de Meirás e achega os informes xurídico e histórico encargados pola institución. Goretti Sanmartín anima ao novo goberno a iniciar o proceso xudicial para que o Pazo pase a ser un ben público. En carta remitida ao ministerio de Cultura, Goretti Sanmartín lembra que desde a Deputación da Coruña xa remitiran ao novo goberno dirixido por Pedro Sánchez os informes xurídico e histórico que abren as portas á recuperación do Pazo de Meirás como ben público.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o programa de axudas específico para a contratación indefinida de mulleres desempregadas ao que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 1,5 millóns de euros para que preto de 200 mulleres poidan atopar un traballo de calidade. Con esta actuación estímase apoiar a súa inserción laboral a través de 150 empresas. O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018.
Polo seu traballo a prol do país foron galardoados nesta edición o crego e musicólogo Xesús Mato Mato, a paisaxista Isabel Aguirre de Urcola, a Catedrática de Biofarmacia María José Alonso Fernández, o empresario textil Jesús Domínguez Fernández, e os carteiros rurais de Galicia.
155 rapaces e rapazas correspondentes xuvenís pasan a fin de semana no albergue de Gandarío onde reciben formación combinada con actividades lúdicas, sendo visitados por Cecilia Vázquez, Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Nesta iniciativa teñen participado durante este curso 618 mozos de todo Galicia
Na degustación, deseñada polo cociñeiro do Grupo Nove, participa tamén a D.O. do Ribeiro cunha cata comentada pola sumiller Cristina Alcalá. Pepe Solla prepara unha degustación con produtos integramente galegos nuns pratos innovadores pero sen perder a tradición e a esencia de Galicia para atraer a bloggers e xornalistas.
O vento máis forte soprará na zona sur e da montaña de Ourense, onde os refachos de vento poderán superar os 110 km/h. A Comisión Escolar de Alertas recorda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar nos centros de ensino. Emerxencias informa dun temporal costeiro de nivel laranxa na Coruña e Lugo.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na reunión da comisión CIVEX do Comité das Rexións europeo. O encontro estivo marcado polo actual debate sobre a migración. Gamallo propuxo a creación dun observatorio permanente no seno do CdR encargado de analizar o cumprimento da actual Axenda Europea de Migración.
Ana Pontón e Marcos Maceira reclaman modificar a lexislación para protexer o galego.
A proposta coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere dinamizar o uso do galego na xente miúda chega ao ecuador da xira que está a levar a familia animada máis famosa de Galicia nun espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulará unha aventura a través do tempoa 40 concellos da Rede de Dinamización.
Migracións Europa - América: procesos de ida e volta (séculos XIX e XX) abre o debate aos procesos migratorios a Europa e América, tanto de ida como de volta. Destácase a relevancia demográfica, económica e histórica da pegada galega en América, e tamén das vagas de inmigrantes americanos cara Europa. Atención especial adicouse ao espazo migratorio entre Galicia e Cuba.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 17 na Concellería de Cultura (Auditorio Municipal, 988 391 290), ou no mail cultura@ourense.es.
A Rede estatal Jóvenes e Inclusión que preside o catedrático en Pedagoxía Social da USC José Antonio Caride Gómez desenvolve o 8 e 9 de setembro en Santiago o I Encontro Internacional Mocidade en risco, un risco para Europa. O evento propón dar novas respostas a unha incorporación social plena da xuventude, sobre todo a que se atopa en desvantaxe social pola crise.
Se celebrará de forma paralela y complementaria a Termatalia y reunirán a más de 50 expertos de una quincena de países.
A iniciativa e é froito dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. O obxectivo é crear un produto turístico innovador, case inexistente no contorno rural, que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicións desta zona turística.