Notas de prensa

A USC debate os procesos de ida e volta nas migracións a Europa e América

“Migracións Europa - América: procesos de ida e volta (séculos XIX e XX)” abre o debate aos procesos migratorios a Europa e América, tanto de ida como de volta. Destácase a relevancia demográfica, económica e histórica da pegada galega en América, e tamén das vagas de inmigrantes americanos cara Europa. Atención especial adicouse ao espazo migratorio entre Galicia e Cuba.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Eduardo Rey, inauguraron hoxe o curso especializado con título “Migracións Europa - América: procesos de ida e volta (séculos XIX e XX)”.

A primeira das conferencias incluídas nesta acción formativa especializada foi impartida por Roberto Ogando Zas, presidente do ‘Centro Unión Orensana de La Habana’. Ogando permanece estes días participando en Galicia en actividades de diversas institucións, pois ademais de ofrecer esta conferencia inaugural do curso, ten recibido, na súa condición de presidente do Centro, o premio ‘Celanova, casa dos poetas’ que cada ano outorga a Fundación Curros Enríquez, con sede na devandita localidade ourensá.

Na inauguración, que tivo lugar precisamente na sede da Secretaría Xeral da Emigración, Miranda e Rey debullaron a relevancia demográfica, económica e histórica da pegada galega en América, e tamén das vagas de inmigrantes americanos cara Europa. “A historia dunha beira do Atlántico non se entende sen a outra”, afirmou o secretario xeral, “e da mesma maneira debemos contar, e contamos, cos galegos do outro lado para deseñar o futuro de Galicia”.

Galicia e Cuba

Na conferencia inaugural, Ogando Zas fixo un relatorio sobre a memoria histórica da Galeguidade concretamente en Cuba, e repasou algúns feitos relevantes no intercambio histórico, cultural, e económico entre un lado e outro do Atlántico. O presidente do Centro Unión Orensana de La Habana lembrou asemade a importancia das novas tecnoloxías como plataforma de unidade entre as comunidades galegas no mundo, e como recurso de excepción para o fortalecemento da Galeguidade no século XXI.

Arestora, e segundo os últimos datos do INE, máis de 36.000 cidadás e cidadáns galegos residen en Cuba, se ben unicamente 455 naceron na súa provincia de inscrición, o que dá proba da relevancia das segundas e terceiras xeracións.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES