A Concellería de Cultura do Concello de Ourense organiza para o sábado 19 de setembro o Entroido de Verán, en colaboración coa asociación cultural Praza do Correxidor. A data elixida é o sábado 19 de setembro, cando se considera que todos os ourensáns están de volta das súas vacacións.
Premios
En categoría individual, haberá un Primeiro premio de 150, un Segundo de 100, un Terceiro de 50 e dez accésits de 30. Por parellas, haberá 150 , 100 e 50 respectivamente para as tres mellores propostas. E por grupos, integrados por máis de 4 persoas, repartiranse 300, 200 e 100 euros. Ademais, haberá un premio Especial á mellor fotografía colgada no facebook Entroido de Verán en Ourense, para incentivar a participación, que levará un premio de 75.
A inscrición no concurso realizarase na Concellaría de Cultura, emprazada no Auditorio Municipal,en horario de 9:00 a 14:30 horas, a través do teléfono 988.391.290 ou no enderezo electrónico cultura@ourense.es. O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de setembro ás 13:00 horas.
A ficha de inscrición pódese descargar na web da Concellería de Cultura, en www.ourensecultura.com
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.