Noticias

Os correspondentes xuvenís perfeccionarán as súas habilidades comunicativas e sociais

155 rapaces e rapazas correspondentes xuvenís pasan a fin de semana no albergue de Gandarío onde reciben formación combinada con actividades lúdicas, sendo visitados por Cecilia Vázquez, Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Nesta iniciativa teñen participado durante este curso 618 mozos de todo Galicia

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0 é unha iniciativa da Xunta de Galicia que consiste nunha rede de mozos e mozas que teñen o papel de “antenas informativas” para difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil entre iguais.

Os mozos e mozas que participan de maneira voluntaria neste programa encárganse de informar aos seus compañeiros de aula, amizades e coñecidos sobre convocatorias, recursos e programas xuvenís que poidan ser do seu interese.

O programa Correspondentes de correspondentes xuvenís é unha ferramenta que permite potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos participantes; favorece a asunción temperá de responsabilidades e transmite valores como a solidariedade, a participación entre iguais e o liderado

Unha das novidades deste encontro, no que se combinan aspectos formativos e lúdicos, é a formación que recibirán os e as asistentes, en materia de oratoria e comunicación en público. Esta formación será impartida por Tania Vilariño, experta na materia, na que se pretende facilitar aos correspondentes xuvenís técnicas prácticas de expresión oral para lograr unha comunicación efectiva entre os seus compañeiros e outro tipo de auditorio.

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0 no presente curso escolar conta con 618 participantes no conxunto de Galicia, ao redor dun centenar máis que na edición anterior. Son mozos e mozas que estudan segundo ciclo de secundaria, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional.

Estes correspondentes reciben gratuitamente formación en materia de información xuvenil, así como o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes. Ademais, recoñéceselles, mediante un certificado expedido pola administración autonómica, o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias.

R., 2016-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES