
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luís Fernández, visitaron o mural realizado na praza do Toural do concello de Sober no marco da campaña turística da Ribeira Sacra.
Esta peza é un dos 21 murais exteriores que embelecerán determinados espazos públicos degradados de cada un dos concellos que compoñen a Ribeira Sacra a través de intervencións de arte urbana.
O obxectivo é crear un produto turístico innovador, case inexistente no entorno rural que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicións desta zona turística.
Trátase da primeira ruta deste tipo que hai en Galicia e das poucas de España xa que solo as cidades de Zaragoza, Valencia, Madrid e Barcelona levan a cabo actuacións para a promoción deste produto.
A iniciativa busca conectar a paisaxe e a historia da Ribeira Sacra coa de hoxe, embelecer algún espazo dos máis degradados ou desapercibidos, e crear unha nova herdanza, xunto coa existente.
O obxectivo é, polo tanto, reflectir de xeito artístico os emblemas, valores, recursos ou tesouros máis destacados da comarca. Así, a través destas expresións contemporáneas de arte búscase xerar patrimonio e converter espazos decadentes en cadros de gran tamaño.
A acción, ademais, pretende contribuír a difundir a candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade tanto a nivel local como a nivel nacional e internacional buscando, mediante estas intervencións de carácter innovador, manter vivo o interese turístico da zona.
A actividade é froito dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
Unha ruta de 21 murais
Unha vez rematada, a ruta estará constituída por un total de 21 murais, un en cada concello, da Ribeira Sacra que reflectiran un ou varios sinais de identidade do propio concello ou da Ribeira Sacra en xeral.
As extensións variarán en función da localización seleccionada en cada caso, pero establécese a priori en doce metros cadrados.
Ademais do mural de Sober, xa están rematados os murais de A Pobra do Brollón, Taboada e Ribas de Sil. Así mesmo, iniciaranse nos próximos días os de Pantón, Portomarín e Quiroga. A mediados de outubro xa poderase desfrutar da ruta completa.
Mellora da demanda turística
Este novo produto constitúe un reclamo turístico que contribuirá a que a Ribeira Sacra continúe neste ano a senda de crecemento rexistrada no pasado ano.
No 2014 a Ribeira Sacra superou nun 20% a cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros do ano 2013, rexistrando máis de 150.000, e nun 18% o seus nivel de pernoitas, con preto de 230.000 neste caso.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.