
Os concellos coruñeses de Brión, Dodro, Padrón, Ames e Oroso acollen ata o domingo 13 de setembro cinco novas funcións da actividade Os Bolechas, na máquina do tempo, da man do programa FalaRedes que a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria está a levar desde marzo aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia por cuarto ano consecutivo. A iniciativa tamén conta coa colaboración das deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra, en concellos da súa competencia territorial.
A proposta coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere dinamizar o uso do galego na xente miúda chega esta fin de semana ao ecuador da xira que está a levar a familia animada máis famosa de Galicia a 40 concellos. Ata finais de outubro, 20 concellos máis acollerán a actividade. Toda a información e o calendario de funcións pódense consultar no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.lingua.gal, nas redes sociais e na Axenda de Cultura de Galicia.
Os seis irmáns e o seu inseparable can, daranse cita esta mesma tarde coa rapazada de Brión, que poderá gozar dunha función ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente. Mañá, sábado, Os Bolechas emprazarán por partida dobre a cativada, con funcións na Paxareira de Dodro, ás 12:00 horas, e no Auditorio Municipal de Padrón, ás 20:00 horas. As derradeiras citas da fin de semana acolleranas os concellos de Ames (na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 12:30 horas) e Oroso (no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, ás 18:00 horas). A entrada a todas as funcións é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.
Unha nova aventura viaxando polo tempo
Os Bolechas na máquina do tempo é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulará unha aventura a través do tempo. Nela, os irmáns e o seu inseparable Chispa atoparan un aparello que os teletransportará ata o futuro converténdoos en adultos: a máquina do tempo. O doutor Apolodoro -o científico turuleque dono da máquina- levaraos a coñecer diferentes etapas da historia nunha viaxe temporal onde os Bolechas terán que valerse da inestimable axuda do público para regresaren ao presente e á infancia. O enxeño e a habilidade do público serán claves para axudarlles aos Bolechas a regresar ao presente.
A actividade ten continuidade na aplicación web Os Bolechas na máquina do tempo, onde os cativos e cativas poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a xogos e sorteos. Co aliciente de que os asistentes ao espectáculo coñecen en exclusiva unha palabra clave coa que poderán dobrar o premio do sorteo e acceder a dous lotes de libros dos Bolechas, no canto de un, en caso de resultaren premiados.
FalaRedes
O programa de dinamización lingüística celebra a súa cuarta edición logo do éxito obtido nas case 600 actividades exhibidas no marco da RDL durante os tres primeiros anos de desenvolvemento deste programa. As propostas que nel se integran buscan, ano a ano, o cumprimento dos obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega, nomeadamente, aqueles que animan a promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia entre a infancia, a mocidade e a familia, enchendo o tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.
Ata finais de ano chegará aos concellos da RDL, iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua propia de Galicia desde as administracións local e autonómica e que conta na actualidade cunhas 170 entidades adscritas.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.