
Entre eles, a xoiería e a ourivería, a carpintería de ribeira, a cestería, os tecidos de baixo lizo, a marroquinería, a bixutería, os instrumentos musicais, a olería, a tellería, a cerámica, a forxa, as colareiras, a elaboración de zocos, a talla de madeira, a ebanistería, o encaixe, os tapices, os xoguetes, a tornería de madeira, a ilustración, as maquetas, a zapatería, a elaboración de figuras de pan e a manipulación de papel.
Os artesáns que participan como expositores este ano en Agolada son os obradoiros de xoiería e ourivería Carla Alfaia (A Coruña), Ferraxe de Prata (Teo), Milbrumas (Lugo), Kinga Haudek (Santiago de Compostela), Mario López Joyería de Autor (Vigo), Plata Nativa (Sada) e Zimzelatum (Gondomar); a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) (Boiro); a cesteira María del Carmen Recimil (Silleda); os obradoiros especializados no tecido artesán Ana Castro (A Estrada), Belategui Regueiro (Cambre) e Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas); os talleres de marroquinería Jatafarta (Santiago de Compostela), Santiago Besteiro (Monterroso) e El Taller de Fer (Santiago de Compostela); os obradoiros de instrumentos musicais Arxemil Luthier (Sarria), Obradoiro de Gaitas Seivane (Cambre) e Ocarinas Paparolo (Santiago de Compostela); o obradoiro de bixutería Maridovi Creacións (Cambre); os de olería Cerámica Uzueta (Brión), Rectoral de Gundivós (Sober) e Alfarería O Rulo (Malpica de Bergantiños); o telleiro O Buraco (O Rosal); os obradoiros especializados en forxa Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada) e Oliverio Álvarez (A Fonsagrada); a colareira Montse Betanzos (O Grove); o de elaboración de zocos Elena Ferro (Vila de Cruces); os talleres de madeira Ilex Talla (Santiago de Compostela) e Verdecima Talla de Madeira (Mos); Artesanía Silvent (Caldas de Reis), especializado en xoguetes; Lorenzo Design (Santiago de Compostela), de ebanistería; o obradoiro de torneado de madeira Atalanta Madera Artesana (A Estrada); o taller de zapatería Laia Zapateiros (Melide); o de figuras de pan Jorge Bellón (Cedeira) e o de elaboración de papel APAMP (Vigo).
Un total de 49 empresas de produtos gourmet participan nesta sétima edición do Corazón da Artesanía, ademais de 5 food trucks que estarán á disposición dos visitantes nas proximidades dos Pendellos.
Os expositores son A Perla Illas Cíes (Vigo), Acastrexa (Cambre), Aceites Figueiredo (Ribas do Sil), Adegas Castrobrey (Vila de Cruces), Adegas Celme (Castrelo de Miño), Aldea do Barrio (Sobrado dos Monxes), Bodegas Lodeiros (Santiago de Compostela), Bubela Artesá (Lugo), Calabizo (Nigrán), Campo Capela ( A Capela), Carabuñas (Vilar de Santos), Casa da Avoa (Outes), Castañas Petelo (Allariz), Caurelor (O Courel), Castelo de Sobroso (Ponteareas), Cervexa Artesá Aloumiña (Lugo), Champivil Castelo (Vilalba), Conservas Gándara (Vigo).
Tamén estarán Currimar Conservas Tradicionales (Xove), Do Gaiteiro (Lalín), DoSouto (Paradela), Eidos de Iria (Entrimo), Embutidos Raposo (Dumbría), Forno das candeas (A Laracha), Galega 100% (Vigo), Galo Celta (Vila de Cruces), Gures (A Coruña), Las cañitas de la abuela (Tomiño), Licores Berrimes (Lousame), Licores Os Maios (Leiro), Mamá Teresa (Arzúa), Muuhlloa (Monterroso), O Submarino Alta Conserva (Cambados), Orballo (Paderne), Petiscos Conservas de Autora (Tomiño), Queixos Brigantia (San Sadurniño), Requeixo e mel das Neves (As Neves), Rosabeles (O Rosal), Rosquillas da Aurita (Lalín), Sotavento (Porto do Son), Sovoral Apicultura Orgánica (Allariz), Terras da Mariña (Lourenzá), Torta de Sarria (Sarria), Tres Fuciños (Carballedo), Vide Vide! (Santiago de Compostela), Viño Celeirós (Tomiño), Xianas Galletas Artesás (Taboada), 3 Pastas Delicatessen (Meis) e Xearte Brigitte (Santiago de Compostela).
Programa para mañá
A xornada de mañá comezará ás 11:30 horas cunha demostración de elaboración de encaixe a cargo da Escola Municipal de Palillo do Concello de Camariñas, para dar paso á inauguración oficial que terá lugar a partir das 12:00 horas. O programa de actividades inclúe a iniciativa Artesanía no Prato, que se abre coa degustación Coctelería Long Drink, con augardente de Galicia, a cargo de Xaime Rodríguez, do Bar Kubos (Lalín), ás 18:00 horas. A partir das 20:30 horas terá lugar o primeiro dos showcookings desta edición, dirixida polo cociñeiro galego do Grupo Nove Iñaki Bretal, do Restaurante O Eirado (Pontevedra), que presentará os seus pratos en pezas da marca Artesanía de Galicia.
O grupo ourensán O Sonoro Maxín será o encargado de pechar a programación desta primeira xornada do Corazón da Artesanía, cunha actuación na que tratarán de actualizar e de reinterpretar o concepto de verbena galega a través do seu último disco Sete Dezasete.
No marco da sétima edición deste Encontro, a Fundación Artesanía de Galicia oferta cursos de formación especializada para artesáns e outros profesionais, así como a segunda edición do Campus dos Oficios, programado para a xornada do sábado 7 de xullo e que este ano estará dedicado á pedra en Galicia.
Durante os tres días que dura o evento, os visitantes poderán ver demostracións de oficios tradicionais e participar nos obradoiros abertos para todos os públicos que están programados en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas.
O de cestería estará impartido pola artesá Dolores Tourón (Lugo), o de manipulado de papel correrá a cargo do obradoiro Mimadriña (Fisterra), os artesáns José Antonio Carrera (Vigo), Aroa Veiga (Gondomar) e Rebeca Rodríguez (Vigo) dirixirán o obradoiro Polos pés. Elaboración de calzado con materiais reciclados.
Os ceramistas Susana González (A Coruña), Antón Román (Gondomar) e Roberto Piñeiro (Vigo) impartirán os talleres de torno cerámico. A Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, a través de María José Martínez (Vigo), encargarase dun taller de tecido de baixo lizo, mentres que Marina Seoane (Oleiros) se encargará do de alto lizo, grazas a un bastidor cúbico que lle permitirá aos asistentes participar na elaboración colectiva de tapices. O obradoiro Como pez en el agua (Santiago de Compostela) encargarase de impartir un obradoiro de pintura sobre tecido.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.