O encontro reunirá máis de 150 participantes do sector público, iniciativa cidadá e organizacións sociais, empresas e universidades. Todos os relatorios, actividades e comunicacións celebraranse no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia.
Esta actividade desenvólvese no marco do proxecto europeo financiado polo Programa EEA Grants Análise, avaliación e mellora dos procesos de intervención para a emancipación de mozos/as en dificultade e/ou risco no que participan catro equipos de investigación de referencia no campo da educación en España das Universidades de Girona, Illes Balears, Santiago de Compostela e UNED e entidades de recoñecida traxectoria especializadas en xuventude e emancipación como a Fundació Natzaret, Igaxes3, Opción 3 ou Servei Solidari.
Destaca o protagonismo de Igaxes3 como coordinadora do proxecto e a colaboración que esta entidade mantén dende hai tempo coa USC a través do convenio para o desenvolvemento do V Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en dificultade e conflito social e a promoción de distintas iniciativas co Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.