//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O censo oficial recolle este ano un total de 507 zonas de baño, tanto marítimas como continentais. Delas, un 80,8% obtivo unha clasificación sanitaria excelente segundo os datos publicados no informe técnico anual ao peche da campaña 2017 e que son os que están vixentes durante este verán. Segundo se recolle neste informe, ademais das mencionadas zonas de de baño con clasificación excelente, o 11,7 % obtiveron unha clasificación boa, o 5,1% unha clasificación suficiente e o 2,4 % unha clasificación sanitaria insuficiente.
Na súa 32ª edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia continuou o seu ascenso de popularidade para converterse nunha das citas estatais musicais imprescindibles do verán. Cun modelo de festival de rúa, que aposta pola cultura próxima e de calidade, sen esquecer as figuras internacionais, a cita coruñesa conquistou nesta ocasión a máis de 90.000 persoas. Coa cidade como un escenario máis, chamado a ocupar un papel protagonista, o festival converteuse nun dos eventos urbanos máis importantes da península, atraendo a atención de miles de persoas, coruñesas e visitantes en busca dunha experiencia musical e cultural completa.
Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística O galego campa!. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.
O programa Xuventude Crea está dirixido a mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2017. A novidade con respecto á edición anterior é que se inclúe unha disciplina nova, o skate, co que o total de especialidades nas que se poderá participar ascenderá nesta ocasión a 13: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, skate e videocreación. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.
O balance da actividade do Servizo Galego de Saúde neste primeiro semestre de 2018 reflicte un aumento global de toda a actividade. En total realizáronse 110.374 intervencións cirúrxicas en quirófanos ou en salas especiais, 534 intervencións cirúrxicas máis que no mesmo período do ano anterior. Isto é un 0,49% de incremento de actividade con respecto de 2017. Da totalidade de intervencións, 93.413 foron programadas e 16.961 urxentes. Ademais, o 54% do total foron ambulatorias polo que non precisaron estancia hospitalaria no paciente.
O Plan de transporte público de Galicia, que hoxe cumpre un ano da súa posta en funcionamento por parte da Xunta, rexistrou máis de 5,3 millóns de viaxeiros, un 1,2 % máis nos usuarios xerais, ao incrementar os servizos de autobús en máis dun 37 %. O plan aumentou a cobertura territorial do transporte, triplicando o número de paradas e rebaixando as tarifas en ata un 80%. Os contratos potenciaron a rede de transporte existente, ao pasar de 11 a 15 millóns de km de servizo anuais. Esta iniciativa impulsada pola Xunta é útil para os veciños, sustentable desde o punto de vista ambiental e viable a nivel económico.
A Consellería de Medio Ambiente vén de resolver dúas ordes de axudas para acometer nos anos 2018 e 2019 actuacións de preservación, recuperación e mellora en espazos incluídos na Rede Natura 2000 e no ámbito dos parques naturais de Galicia. En total, son 224 proxectos por un importe de 3.063.802,30 euros, un 61,5% máis que a contía concedida na convocatoria anterior. A través destas dúas ordes de axudas financiaranse investimentos non produtivos para acadar os obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito da Rede Natura 2000 e dos parques naturais de Galicia.
Un total de 114 novos centros sostidos con fondos públicos incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 267 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos, un 55% máis. Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Do total dos 267 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (38 novos para o vindeiro curso), 49 de Lugo (24 novos), 19 de Ourense (11 novos) e 108 de Pontevedra (41 novos). Por ensinanzas, do total de 114 novos centros, 66 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 41 en Secundaria e outros 11 fano en Primaria e Secundaria.
A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa dunha situación de alerta de vaga de calor en 43 concellos. Segundo informa Meteogalicia, agárdanse valores de temperatura máxima moi semellantes aos acadados onte. Isto quere dicir que novamente se superarán os 37ºC no Miño de Ourense e Pontevedra, Sur de Lugo e Valdeorras. Ademais, en moitos puntos do centro e sur da Comunidade as máximas superarán os 34ºC.
Galicia contará no último trimestre deste ano cunha nova estratexia de formación profesional para adiantarse aos perfís profesionais do futuro e afrontar os novos desafíos. Na súa intervención na rolda de prensa do Consello que Galicia o responsable do Goberno galego afirmou que a Administración autonómica seguirá traballando na súa aposta por consolidar un modelo de FP de referencia en toda España. O primeiro Campus FP a nivel nacional está xa a desenvolverse en Vigo; un proxecto que inclúe unha rede de traballo entre os 16 centros da comarca e a construción do centro FP Hub, que actuará como corazón do campus.
Cociñeiros de renome como Pepe Solla, Yayo Daporta e Lucía Freitas prepararon uns pratos a base de produtos do mar galegos, que despois degustaron os asistentes. A Consellería do Mar, seguindo o seu firme compromiso de loitar contra a lacra do furtivismo, puxo en marcha esta campaña para fomentar o consumo de produtos pesqueiros adquiridos polas vías legais.
O conselleiro de Política Social destacou o traballo e esforzo diario e a pé de rúa das entidades sociais, e apostou por incrementar a colaboración para chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor, e insistiu en que o conxunto da sociedade debe sensibilizarse e fomentar a inclusión social.
Goya ao mellor director con No habrá paz para los malvados, que acadou outros oito 'cabezóns', súmanse aos dous que levou La Caja 507, ambas protagonizadas polo actor José Coronado. Logo da entrega do premio proxectarase La vida mancha.
O xornalista foi membro do pleno territorial do Colexio de Xornalistas de Galicia entre os anos 2000 e 2008.
As relacións entre Galicia e Paraguai son cada vez máis intensas, según o protocolo de colaboración asinado en FITUR a principios deste ano para poñer en marcha iniciativas conxuntas de promoción turística. O Camiño centrou o I Seminario Internacional sobre Rutas Turísticas Multidestino.
A Cidade da Cultura acolleu a apertura oficial de Fairway, o I Foro do Camiño de Santiago, que reúne ata o domingo 18 de outubro aos principais expertos na Ruta Xacobea e noutras rutas de peregrinación. Neste novo formato de congreso-feira tamén danse cita un gran número de empresas vinculadas cos seus produtos ou servizos ao Camiño de Santiago procedentes de ata 19 países, e con debates artellados en torno a catro paneis.
Feijóo e o gobernador da Prefectura de Wakayama, Yoshinobu Nisaka, reuníronse no Pazo de Raxoi para reforzar a promoción do tecido económico e empresarial. Feijóo adianta que en Fitur 2016 Galicia presentarase no pavillón do país oriental, o que implica un paso máis nas relacións con Xapón.
O 4 de novembro convocarase no Pazo de Vilamarín aos alcaldes dos concellos polos que discorre a Vía da Prata para informarlles dos plans da Xunta.
O profesor, investigador e ex-reitor da USC completa a rolda de entrada de seis novos académicos este ano. O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase Poden pensar as máquinas?.
Os tres son os finalistas dun recoñecemento co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destaca a obra que mellor representa á artesanía competitiva e que conxuga os valores tradicionais do sector coas novas tendencias. Outórgase a Bolsa Eloy Gesto, coa que se apoia a formación do gañador nun centro de referencia na artesanía e no deseño.