//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Xunta financia 60 proxectos de Voluntariado Xuvenil de 34 entidades de acción voluntaria e 26 concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da concesión desta liña de subvencións que sufraga iniciativas que teñen como obxectivo incorporar a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos como persoas voluntarias.
Esta orde de axudas conta cun orzamento de 255.000 euros. Os proxectos terán unha duración de entre 15 e 60 días, e levaranse a cabo ata 31 de outubro próximo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 670, deles 371 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 46 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 85 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 9 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.446 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 265.628.
A Consellería de Sanidade ven de actualizar o listado de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia e que se publicará esta tarde no Diario Oficial de Galicia. Esta actualización ven xustificada pola evolución de la situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países. Entre as principais novidades a nivel nacional que recolle esta lista actualizada, destaca a inclusión de Madrid, mentres que pola contra xa non será obrigatorio resixtrarse para os viaxeiros procedentes da Rioxa. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 406, deles 161 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 29 da de Ourense, 35 da de Pontevedra, 74 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 386 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.331 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 257.156.
Directos Xacobeo21 en Salas, que arrancou a pasada semana con oito concertos no Barco de Valdeorras, Bueu e A Coruña, celebrarase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes. Ademais, serán gravados e editados para a súa posterior retransmisión. Os responsables das 35 salas participantes foron os encargados de elixir as súas respectivas ofertas musicais como parte deste ciclo, a partir de todas as propostas artísticas galegas, de moi variados estilos musicais, recibidas por Clubtura mediante unha convocatoria aberta.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 260, deles 76 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 7 da de Ourense, 23 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 2 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 250 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.262 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 248.544. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 249, deles 71 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 50 da área de Vigo, 21 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 246.840.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 242, deles 63 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 7 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 47 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 232 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.236 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 245.003. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 35 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns. Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 233, deles 58 son da área da Coruña, 90 da de Lugo, 7 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 44 da área de Vigo, 16 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 220 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.227 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 244.127. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
A enogastronomía é o segundo motivo polo que os turistas visitan Galicia, que é líder xunto a Andalucía en restaurantes recoñecidos coa Q de Calidade Turística. Celebraranse obradoiros sobre produtos como lamprea, caldeirada ou empanada, amais de mesas redondas e unha novidosa cata de diferentes tipos de pan galego, como base do novo Plan de Enogastronomía.
O presidente da Xunta acompañou á S.M. a raíña Dona Sofía ao acto de celebración do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Afirma que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se podería denominar produto interior de solidariedade.
Holi Gaiás forma parte del programa de Cidade Verde para poner en valor los espacios verdes de la Cidade da Cultura e incluye caminatas y una demostración de cometas. Las actividades están patrocinadas por Viaqua con la colaboración de la Fundación USC Deportiva y la Federación Galega de Atletismo. Está inspirada en el festival 'Holi' de la India.
Un total de 13 científicos (8 deles en activo na actualidade) beneficiáronse deste apoio para crear e consolidar as súas propias liñas de traballo. O conselleiro Román Rodríguez mantivo unha xuntanza cos últimos tres Starting Grants cunha axuda de 700.000 euros.
Enmarcado no Plan Eduemprende, vai dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas, e este ano está dotado cun total de 12 millóns de euros. Avaliarase a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, así como a coherencia e carácter innovador dos proxectos, entre outros.
O sindicato censura que o Estado reducise nos últimos anos a súa achega ao sistema de atención á dependencia (SAAD): en vez de sufragar a metade, como marca a lei, só cobre a cuarta parte. O informe destaca que o 17,64 % das persoas dependentes non recibiron en 2017 a prestación a que tiñan dereito.
El titular de la Xunta ha participado en el acto de imposición de las Medallas del Parlamento de Galicia 2018. Recuerda que en el Estatuto de Autonomía la Galicia del pasado y la Galicia del futuro se dieron a mano para iniciar una nueva etapa de nuestra historia.
O foro, Impulsado por Turismo de Galicia, contará con numerosos expertos que achegarán algunhas das ferramentas para traballar cos novos paradigmas do sector. Celébrase o martes 10 de abril no Centro Superior de Hostelería de Galicia, está dirixido a profesionais, estudantes e interesados en debater sobre as novas estratexias e oportunidades de investimento.
A Fundación Pública Artesanía de Galicia colabora nos Días Europeos da Artesanía co apoio a diferentes proxectos que se organizan en diferentes localidades galegas. Demostración de oficios artesáns, talleres gratuítos, exposicións, charlas e a apertura de obradoiros artesanais ao público, actividades que conmemoran os Días Europeos da Artesanía.
Ao éxito de público en Santiago de Compostela engádese a gran acollida da acción Viños e camelias en Sevilla, que coñeceron máis de 70.000 persoas no último mes. Esta proposta promocional organizada por Turismo de Galicia contribuíu a enriquecer a oferta dispoñible durante estas datas para os turistas e os propios veciños da capital de Galicia.