
Máis de 30.000 persoas visitaron durante a Semana Santa a exposición Camelia de Galicia-Traxe galego, unha parella perfecta no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela. Esta proposta promocional organizada por Turismo de Galicia contribuÃu a enriquecer a oferta dispoñible durante estas datas para os turistas e os propios veciños da capital de Galicia, dando a coñecer un recurso propio da Comunidade.
O público apoiou esta mostra, aberta durante as xornadas de Venres Santo e Sábado Santo, cunha constante afluencia de visitantes, que puideron achegarse á singularidade desta flor. A mostra cumprÃa a súa cuarta edición dunha maneira renovada, pois nesta ocasión rendeu homenaxe tamén ao traxe tradicional galego como complemento da propia camelia.
No claustro deste emblemático edificio mesturáronse máis de 200 variedades de camelia, con especies procedentes de ata 23 coleccións privadas. Xunto a elas, dispuxéronse pezas como mantóns, panos, zapatos, capelinas, dengues, San Cosmeiros ou cofias, entre outras. Instalouse unha orixinal posta en escena, para o que se contou co apoio de ArtesanÃa de Galicia a través do obradoiro de confección de pezas do traxe tradicional galego Bulideira.
Esta mostra engádese ás numerosas iniciativas arredor desta flor impulsadas polo Goberno autonómico para a súa posta en valor. Entre elas destaca a Ruta da Camelia, que percorre 12 pazos e xardÃns, catro deles distinguidos como XardÃns de Excelencia Internacional en Camelia, unha prestixiosa distinción que vén de ser outorgada ao Pazo da Saleta, en Meis e ao de Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, que xa tiñan o Pazo de Rubiáns, en VilagarcÃa de Arousa, e o Castelo de Soutomaior, situando a Galicia á cabeza neste tipo de distincións.
Expectativas promocionais superadas
Tamén onte rematou a campaña Viños e camelias, organizada durante todo o mes de marzo no mercado gourmet Lonja del Barranco de Sevilla. A falta de datos definitivos, as primeiras estimacións sinalan que se superaron os 70.000 visitantes. Deste xeito, mellora o impacto da anterior campaña, entón con máis de 11.000 persoas entre Bilbao e San Sebastián.
Con esta iniciativa na capital andaluza, durante unhas datas de gran afluencia de viaxeiros, a Xunta de Galicia promoveu a experiencia turÃstica creada ao carón da Ruta da Camelia e das adegas que forman parte da Denominación de Orixe RÃas Baixas, que estivo presente.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.