
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á celebración do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos como a proba de que a fortaleza de Galicia se atopa na cohesión, na axuda mutua e nos logros colectivos.
Durante o acto de conmemoración, no que acompañou á S.M. a raÃña Dona SofÃa, Feijóo afirmou asà que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se poderÃa denominar produto interior de solidariedade. “Non ten máis forza identitaria o territorio que parcelou o seu sentimento colectivo creando un minifundismo onde proliferan as miradas de receo ou hostilidade. A atención aos desprotexidos é o que marca a súa identidade”, aseverou.
Nesta liña, subliñou que detrás desta institución está toda a cidade da Coruña; colaboran todos os estamentos da cidade, cidadáns anónimos e asociacións particulares. “Os coruñeses ven na institución un novo faro que emite unha luz de solidariedade”, dixo, recordando que Antonio Rubinos se rebela asà mesmo contra a pasividade e se alza contra a idea dunha caridade entendida como xesto illado que só busca a subsistencia de quen a recibe.
“O obxectivo da acción social, tal como a concibe hai cen anos, é a plena recuperación do home e a muller cuxa vida encalla. Neste xesuÃta, que merece un lugar privilexiado na nosa historia, conflúen o papel protagonista que ten o marxinado na mensaxe evanxélica, coas correntes ilustradas que reivindican a dignidade humana”, abundou.
O presidente do Goberno galego aseverou que esa indignación coa situación que ve ao seu redor lle serve como motor para poñer en marcha unha obra descomunal que hoxe se plasma na súa sede, un centro cunha escola infantil, unha residencia de maiores, un centro de dÃa, un centro de atención social continuada, un comedor social e un albergue.
Feijóo resaltou que este recinto, cuxa autora, a arquitecta Elsa Urquijo, cualificou como arquitectura silenciosa, encaixa á perfección co estilo de Antonio Rubinos e cos costumes do benefactor que fixo posible este monumento á solidariedade, a través da Fundación Amancio Ortega. “Aquà edúcase, acóllese, aliméntase, cóidase, protéxese e dispénsanse grandes doses de dignidade”, dixo, incidindo en que non é un monumento á vaidade, senón á fraternidade.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego quixo destacar tamén o esforzo que nesta materia fan os galegos, reflectido 700 millóns de euros que a Xunta está a destinar a polÃticas sociais no presente exercicio; e na disposición dunha axenda social pactada cos axentes sociais. E concluÃu precisando que nesa axenda e neses compromisos dos galegos está tamén presente a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.