
O Centro Superior de HostelerÃa de Galicia (CSHG) acolle o martes 10 de abril a segunda edición de #HotelForumCSHG, o foro impulsado por Turismo de Galicia orientado a estudantes e profesionais do sector turÃstico no que se darán cita numerosos expertos de ámbito nacional e internacional para debater sobre as novas estratexias e oportunidades de investimento no negocio hosteleiro.
Baixo o tÃtulo Estratexias e investimentos no novo paradigma hoteleiro, #HotelForumCSHG contará con prestixiosos profesionais de empresas punteiras como Alimarket, Accor ou Seggitur, entre outras. Tamén estarán presentes algúns antigos alumnos do CSHG que darán a súa visión desde a súa posición como actuais profesionais do sector turÃstico.
Esta segunda edición dará comezo o martes ás 9,45 horas no pavillón polideportivo do CSHG en Santiago de Compostela. Afondarase, primeiro, nas últimas tendencias da propiedade dos negocios hoteleiros, analizando a tendencia á concentración de cadeas e de afiliación de hoteleiros independentes a diversas marcas baixo múltiples fórmulas.
Será nunha mesa redonda presentada polo profesor de Aloxamento do CSHG, José Sánchez e moderada polo director de Alimarket, Casimiro Coello. Nela participarán o antigo alumno do centro e actual director do Hotel Blue Coruña, Ãlvaro Lens; o socio e director de Magma Hospitality Consulting, Albert Grau; o director de desenvolvemento de Accor en hoteis de España e Portugal, Jesús Seseña e o director do departamento de hoteis en Savills Aguirre Newman, Jorge Rosillo.
Innovación e emprendemento
A innovación e o emprendemento hoteleiro, asà como as novas tipoloxÃas de aloxamento serán outros dos eixos nos que xirará o foro. Será cunha mesa redonda presentada polo xefe do departamento de Comercialización Hoteleira e Revenue Management do CSHG, Andrés Nieto, e moderada polo director de Relacións Institucionais e TecnoloxÃa de Segittur, VÃctor Badorrey Fernández-Pacheco. Nesta mesa participan Ignacio Jiménez Artacho, socio fundador de Hidden Away Hotels; Juanjo Bande, Airbnb host e consultor en Erentalsurvey; e os antigos alumnos do CSHG Gonzalo de la Mata Gurriarán, CEO Sleepn Hotels, e Jesús RodrÃguez Maseda, director asociado de Horwath HTL España, Portugal e Andorra.
#HotelForumCSHG está dirixido profesionais, estudantes e interesados no sector turÃstico. A asistencia é gratuÃta, previa inscrición na páxina web de Turismo de Galicia ou do Centro Superior de HostelerÃa de Galicia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.