Noticias

O programa 'Directos Xacobeo 21' levará máis de 130 concertos a 35 salas de toda Galicia

Directos Xacobeo’21 en Salas, que arrancou a pasada semana con oito concertos no Barco de Valdeorras, Bueu e A Coruña, celebrarase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes. Ademais, serán gravados e editados para a súa posterior retransmisión. Os responsables das 35 salas participantes foron os encargados de elixir as súas respectivas ofertas musicais como parte deste ciclo, a partir de todas as propostas artísticas galegas, de moi variados estilos musicais, recibidas por Clubtura mediante unha convocatoria aberta.

A música galega é a absoluta protagonista do novo programa da Xunta Directos Xacobeo’21 en Salas, que ata finais do mes de outubro ofrece 131 concertos de 108 artistas e bandas galegas en 35 locais de música ao vivo de toda a Comunidade. Segundo explicou hoxe o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, a iniciativa conta cun orzamento de 400.000 euros para contribuír á recuperación da actividade empresarial e artística neste ámbito e, con tal fin, foi deseñada como unha das medidas do Plan autonómico de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19.

O Goberno autonómico, que asume o financiamento íntegro deste programa, conta para o seu desenvolvemento coa colaboración da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura, que se encarga da súa xestión e coordinación como a entidade máis representativa no eido profesional da música en directo.

Román Rodríguez, que estivo acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, destacou as liñas xerais e obxectivos prioritarios de Directos Xacobeo’21 en Salas no transcurso do acto de presentación, que tivo lugar no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove, un dos 35 escenarios que acollen esta programación. Interviñeron tamén Alberto Grandío, presidente de Clubtura; Javier Prado, vogal da asociación Músicas ao Vivo, e Miguel de la Cierva, propietario do Náutico, ademais de contar coa actuación musical de Blues do País.

Programación polo Ano Santo

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións salientou a aposta por parte da Xunta á hora de favorecer a recuperación do sector da música ao vivo a través de diferentes proxectos recollidos no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico, como é o caso desta iniciativa e outras como o ciclo Galicia Emerxe, o apoio aos festivais adheridos á marca FEST Galicia ou accións como o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 que inclúe iniciativas musicais, audiovisuais e de artes escénicas.

Precisamente, Román Rodríguez subliñou que este proxecto abre unha nova vía de apoio aos artistas e salas privadas de música ao vivo, ás que recoñeceu o seu valor como piares fundamentais do sector musical en Galicia e como punto de partida e de lanzamento de multitude de carreiras profesionais. Do mesmo xeito, agardou que esta proposta sirva para impulsar a nosa Comunidade como un referente cultural e musical de primeiro nivel aproveitando a proximidade do Xacobeo 2021.

Cultura segura presencial e online

Directos Xacobeo’21 en Salas, que arrancou a pasada semana con oito concertos no Barco de Valdeorras, Bueu e A Coruña, celebrarase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes. Ademais, serán gravados e editados para a súa posterior retransmisión a través de www.directosxacobeo.com/.

Os responsables das 35 salas participantes foron os encargados de elixir as súas respectivas ofertas musicais como parte deste ciclo, a partir de todas as propostas artísticas galegas, de moi variados estilos musicais, recibidas por Clubtura mediante unha convocatoria aberta pola asociación na páxina web do programa.

Presenza nas catro provincias

Estes carteis despregaranse en 16 escenarios da provincia da Coruña (Bâbâ Bar, Garufa Club, Playa Club, Filomatic e Mardi Gras na Coruña; A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro, La Room e Ruido en Ferrol, A Ventana en Laxe, A Fundación e Pub Gatos en Melide, Sala Guión en Pontedeume e Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Moon Music Club e Sala Capitol en Santiago de Compostela); 13 na de Pontevedra (Aturuxo en Bueu, Krazzy Kray en Cambados, Salason en Cangas, Sala Rebullón en Mos, Náutico no Grove e El Contrabajo, Komisky, La Fábrica de Chocolate, La Iguana Club, La Pecera, Master Club, Radar Estudios e Sinatra Coctel Bar en Vigo; catro na de Ourense (Café Teatro Bajo 5 no Barco de Valdeorras, Café Cultural Auriense e El Pueblo en Ourense e A Arca da Noe en Vilar de Santos) e dúas en Lugo (Clavicémbalo e JagerLounge).

Once citas esta semana

Para esta mesma semana están programadas outras 11 citas de Directos Xacobeo’21, como a ofrecida onte por Ejazz na Ventana de Laxe, onde hoxe actuará Santi Araujo. Tamén esta noite terá lugar no Café Teatro Bajo 5 do Barco de Valdeorras un concerto de Amaro Ferreiro, quen mañá mércores tocará no Náutico do Grove.

Ademais, a Sala Rebullón de Mos recibirá o venres 7 a Stoned at Pompeii e o sábado 8 a García MC. A programación da fin de semana incluirá tamén outra cita o sábado, con Soul Jacket na Pousada de Boiro, e dúas o domingo 9: Enxeito en Aturuxo de Bueu e Marcelo do Bode na Arca da Noe de Vilar de Santos.

R., 2020-08-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES