Noticias

Galicia sube ata os 249 casos activos por coronavirus, mentres Sanidade equipara as restricións de aforos e horarios comerciais da Mariña aos do resto de Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 249, deles 71 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 50 da área de Vigo, 21 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 246.840.

Por outra banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou está mañá en rolda de prensa, logo da reunión co Cómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica da Mariña, que desde esta medianoite as restricións de aforo e horario de apertura comercial dos concellos do distrito lucense, equipararanse aos do resto de Galicia, após de tres días sen rexistrarse novos casos.

Acompañado polo xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e polo director xeral de Saúde Pública, Andres Paz-Ares, o responsable da carteira sanitaria da Xunta comezou a súa intervención explicando que desde as 12:00 horas desta noite restablecerase na totalidade do concellos mariñáns o número de persoas que poden viaxar de maneira conxunta, tanto no transporte público como no privado.

Dentro das modificacións que entrarán en vigor esta medianoite, Almuiña tamén apuntou que se amplían os aforos dos locais comerciais e de hostalería, nas mesmas franxas vixentes para o resto de Galicia; así como que tamén se ampliarán os horarios de apertura comercial, ben sexa de acordo a normativa xeral da comunidade galega, ou segundo o definido polas diferentes ordenanzas municipais que regulan este ámbito.

Continúa o peche do ocio nocturno e reunións limitadas a un máximo de 10 persoas

Por outra banda, Almuiña indicou que o ocio nocturno non poderá abrir todavía as súas portas, cando menos até a semana que vén, cando se volte revisar a situación epidemiolóxica nos catorce municipios.

Nesta mesma liña, o conselleiro lembrou que as reunións de persoas que se produzan nestes concellos continuarán a estar limitadas a un máximo de 10 persoas.

O conselleiro remarcou a necesidade do emprego da máscara en todo momento, tanto en espazos abertos como en espazos pechados, poñendo especial énfase no seu uso nos locais de hosteleria, onde é obrigatoria en todo momento, agás no intre específico consumir.

O titular de Sanidade subliñou que non se pode baixar a garda e que é preciso seguir a cumprir dun xeito estrito as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia da covid.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, rapasou os últimos datos rexistrados na Mariña, sinalando que até o de agora lévanse realizadas 4.708 probas PCR, das que 73 se realizaron na xornada de onte. Ademais, sinalou que o nú-mero de casos activos na Mariña neste momento é de 44, 3 menos que no día de onte.

Finalmente, o conselleiro tivo palabras de agradecemento para o conxunto de concellos e institucións da Mariña polo seu labor nas tarefas xestión, coordinación e limpeza de cada un dos catorce municipios. Así, Almuiña tamén agradeceu a colaboración e o nivel de responsabilidade amosado por parte de toda a súa poboación.

R., 2020-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da Facultade de Belas Artes da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES