Noticias

Concedidas axudas para 60 proxectos de voluntariado xuvenil de 26 concellos e 34 entidades de acción voluntaria

A Xunta financia 60 proxectos de Voluntariado Xuvenil de 34 entidades de acción voluntaria e 26 concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da concesión desta liña de subvencións que sufraga iniciativas que teñen como obxectivo incorporar a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos como persoas voluntarias. Esta orde de axudas conta cun orzamento de 255.000 euros. Os proxectos terán unha duración de entre 15 e 60 días, e levaranse a cabo ata 31 de outubro próximo.

Deuse prioridade aos proxectos que procuran a promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021; actividades de recuperación da cultura, a arte e as tradicións galegas; conservación e mellora da natureza e creación de contornas sustentables; igualdade de xénero; iniciativas orientadas á innovación e investigación sobre o benestar dos maiores; accións de humanización de contornas rurais e urbanas; fomento de uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación; sondaxes sobre as necesidades da veciñanza; eliminación dos estereotipos sobre as persoas maiores e fomento da cooperación interxeracional entre os maiores e a mocidade, como xeito de aprendizaxe mutuo.

O programa de Voluntariado Xuvenil ten como obxectivo manter a Galicia como comunidade de referencia neste ámbito. Actualmente, máis de 9000 persoas participaron activamente nas accións postas en marcha pola Xunta en 2019, un 11% máis con respecto ao exercicio pasado. Ademais, hai máis de 1000 entidades inscritas no Rexistro autonómico de acción voluntaria.
Voluntariado Sénior

Por outra parte, o Goberno galego financia 45 proxectos de Voluntariado Sénior de 26 entidades de acción voluntaria e 19 concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Destínanse un total de 100.000 euros a financiar estas as actividades e proxectos que están destinadas a incentivar a participación de persoas maiores de 55 anos.

R, 2020-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES