//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Xunta de Galicia recibiu 7.160 denuncias procedentes de 111 concellos por incumprimento das medidas sanitarias implantadas para evitar a propagación do covid-19 a raíz do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ao que se sumaron 178 concellos, o 58% do total en Galicia, para a xestión dos expedientes punitivos que son de competencia municipal. En resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que hai xa un millar de presuntos infractores que recibiron nos últimos días as notificacións.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.481, deles 959 son da área da Coruña, 193 da de Lugo, 153 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 500 da área de Vigo, 271 da de Santiago e 197 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 215 en unidades de hospitalización e 2.217 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.061 persoas curadas, rexistrándose 2.320 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.802.302. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 385.613.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na rolda de prensa de Consello a posta en marcha dunha unidade multidisciplinar poscovid en cada unha das 7 áreas sanitarias para proporcionar unha atención e recuperación e de calidade a todos os afectados pola covid-19. Estas unidades, que comezarán a funcionar neste mesmo mes, sinalou, estarán compostas por un equipo de profesionais de diversas disciplinas, nas que o núcleo duro estará conformado por especialistas en medicina interna, neumoloxía e enfermería con función de xestión de casos e consulta de coidados específicos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.575, deles 1.017 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 162 da de Ourense, 204 da de Pontevedra, 487 da área de Vigo, 275 da de Santiago e 220 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 197 en unidades de hospitalización e 2.323 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.601 persoas curadas, rexistrándose 2.315 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.788.840.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.586, deles 1.028 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 155 da de Ourense, 212 da de Pontevedra, 484 da área de Vigo, 279 da de Santiago e 223 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 214 en unidades de hospitalización e 2.315 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.407 persoas curadas, rexistrándose 2.310 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.781.976.
O número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, continuando a tendencia dos últimos exercicios, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 523.856 a 1 de xaneiro de 2021, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes das cidadás galegos que viven no estranxeiro e que xa foron nados no seu país de destino.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.658, deles 1.064 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 170 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 472 da área de Vigo, 288 da de Santiago e 232 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 235 en unidades de hospitalización e 2.365 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.193 persoas curadas, rexistrándose 2.306 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.775.606. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 360.402.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas cos horarios e aforos da hostalería, así como ás relacionadas coas reunións de non conviventes. Logo de precisar que, todas as decisións acordadas polo comité clínico estrarán en vigor a partir deste venres 19 de marzo e serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa, Feijóo aseverou que a prudencia seguirá guiando o proceso de apertura.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.685, deles 1.076 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 181 da de Ourense, 230 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 293 da de Santiago e 243 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 65 están en UCI, 248 en unidades de hospitalización e 2.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.037 persoas curadas, rexistrándose 2.303 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.769.117. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 344.870.
A Xunta prevé duplicar o número de alumnos de ESO que emprega libro dixital o próximo curso. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación da nova convocatoria de E-Dixgal para o vindeiro ano académico, na que tomou tamén parte a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. O titular do departamento educativo da Xunta explicou que a principal novidade da convocatoria para o curso 2021/2022 é a extensión do proxecto aos cursos de 3 e 4º de ESO (ata o momento só se aplica a 5º e 6º de Primaria e a 1 e 2º de ESO).
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ven de publicar no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos para o curso 2019/20, cun total de 12.384 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia da Coruña, en 510 ciclos e programas formativos autorizados. A principal novidade é a incorporación á oferta de 35 novos proxectos de FP Dual (un 59% máis dos que entraron en funcionamento na provincia no 2018/19).
O vindeiro día 22 celébrase na Escola Unitaria de Santiago a IV Edición do Fun Fun Fun. Este evento reúne a creadores e artistas de diversas disciplinas ao redor da autoedición. Este ano terán protagonismo, amais da autoedición gráfica e do fanzinismo, outros eidos da creación coma o audiovisual. As actividades comezarán ás 12 horas coa apertura dun mercadiño, que estará aberto durante todo o día, e onde distintos autores, autoras e colectivos poderán expor e vender as súas obras.
A USC ofertará o vindeiro curso 44 graos, dez dobres graos e 66 másteres, nos seus campus de Santiago e Lugo. O reitor Antonio López e a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar, deron conta en rolda de prensa dos principais indicadores da oferta docente da USC. Entre as novidades, a institución docente incorpora o grao en Robótica e os mestrados en Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais, Psicoloxía, e Enxeñaría de Procesado de Alimentos.
Varela Producións, a Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viaxará os días 18 e 19 de xuño a Galicia para representar un proxecto de teatro social dirixido a persoas con discapacidade, grazas ao apoio da Xunta de Galicia. Petición de man é unha comedia cunha duración que rolda os 20 minutos enche de situacións absurdas entre unha moza solteira, a súa nai histérica e un pretendente hipocondriaco e moi particular.
Con motivo do día da diversidade sexual, desde a Deputación da Coruña impúlsase a campaña "Liberdade de ser e sentir!", para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemen da súa orientacion sexual e identidade de xénero. Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña. O lema liberdade de ser e sentir! quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.
O proxecto xorde como resposta ao feito de que, nas últimas décadas, o patrimonio está a verse afectado por un número crecente de ameazas relacionadas co clima o que plantea novos desafíos para os responsables da súa conservación e xestión. O obxectivo de Shelter é lograr desenvolver un sistema baseado en datos científicos e na alianza e colaboración dos axentes implicados.
O Concello da Coruña vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, danse a coñecer as actividades musicais que formarán parte dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade.
As festas de Ourense completan a súa programación. Do sábado 21 ao domingo 30 de xuño, a cidade de Ourense poderá bailar cos 27 concertos para todos os públicos e sensibilidades: desde Neo, a nova banda de Alberto Cereijo e Fernando Calvo, pasando por Izal, The Furious Monkey House, Ramoncín ou Viva Suecia, María do Ceo, a Coral De Ruada e até un concerto infantil de María Fumaça.
Ponse en marcha a campaña educativa itinerante 'Repara en...' para fomentar a prevención de residuos alimentarios, potenciar a compostaxe e mellorar a recollida selectiva e a separación para favorecer a reciclaxe dos residuos. A primeira parada desta iniciativa, que se desenvolverá ao longo do mes de xuño e xullo, é o Concello de Campo Lameiro e, a continuación fará case 20 paradas en distintos concellos ao longo deste mes.
Os obxectivos xerais desta nova iniciativa de carácter divulgativo son fomentar o coñecemento sobre as prácticas de consumo actuais e como inciden na nosa contorna, contribuíndo para evitalo a un mellor tratamento dos RAEE a través do incremento das actuais taxas de recuperación. Así mesmo, proxectarase a imaxe de Galicia como pioneira en sustentabilidade e educación ambiental desde a infancia, como vía para contaxiar ao resto da sociedade dese mesmo impulso sustentable e ecolóxico.