Notas de prensa

Ketama, Mala Rodríguez, Susana Seivane e Tequila abrirán as festas de María Pita na primeira semana de agosto

O Concello da Coruña vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, danse a coñecer as actividades musicais que formarán parte dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade.

​A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que terán lugar na segunda semana do mes, o edil José Manuel Sande dá a coñecer as actividades musicais que formarán parte “dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade”, a través da aposta, un ano máis, pola Sinfónica de Galicia. “Por responsabilidade e por compromiso coa veciñanza, contra o que sucedeu á nosa chegada no 2015, desde o goberno local deixamos pechado máis do 70% da programación das festas da cidade, para facilitar tamén que, co avance das datas, o sector do turismo e da hostalaría poidan contar cun novo verán exitoso”, apunta Sande.

A banda de flamenco-fusión Ketama abrirá o ciclo de concertos nocturnos ​As noites de María Pita o día 1 de agosto, cunha actuación que sucederá ao pregón inaugural das festas. Ao día seguinte, o venres 2, será a quenda da rapeira Mala Rodríguez, nunha das paradas da xira que ofrecerá este verán, mentres que o sábado 3 subirá ao escenario da Praza de María Pita a gaiteira Susana Seivane. Por último, o domingo 4 Tequila ofrecerá un espectáculo no marco da súa xira de despedida ​Adiós, Tequila.

A segunda semana a música seguirá a ter especial protagonismo a través do 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto e no que participarán máis de 80 bandas e artistas, entre as que se atopan as xa presentadas Patti Smith, Nathy Peluso, Belako ou Paco Ibáñez. Durante estes días, en concreto do 5 ao 11 de agosto, terá tamén lugar unha nova edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que contará con artistas como a británica Isabel Greenberg, o mexicano Tony Sandoval ou o francés David Sala.

De cara á terceira semana do mes, a vinculada tradicionalmente ás agrupacións formais ou de música clásica na praza de María Pita, a primeira actuación será a do luns, 12 de agosto, coa voz do barítono Borja Quiza, acompañado da Orquestra Gaos. Ao día seguinte, o martes 13, será a quenda da Escola Municipal de Música e o mércores 14 a da Orquestra de Cámara Galega, impulsada por Rogelio Groba. Na festividade do 15 de agosto a Banda Municipal ofrecerá un singular espectáculo acompañada por Treixadura, e ao día seguinte, o venres 16, terá lugar un ensaio xeral da Sinfónica de Galicia, que actuará no mesmo escenario o sábado 17. A semana pecharase o domingo 18 cun concerto de Sito Sedes acompañado pola Garufa Blue Devils Band.

Concello da Coruña, 2019-03-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES