Notas de prensa

Trinta e nove concellos da Coruña participan na campaña da 'Liberdade de Ser e Sentir!'

Con motivo do día da diversidade sexual, desde a Deputación da Coruña impúlsase a campaña "Liberdade de ser e sentir!", para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemen da súa orientacion sexual e identidade de xénero. Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

A campaña comezará desde hoxe e circulará polas redes co cancelo #seresentir apostando, segundo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin, por “unha campaña que estará presente en 39 concellos da provincia e coa que buscamos a complicidade, a colaboración e o aproveitamento da mesma por parte dos distintos concellos para chegar a canta máis poboación mellor”.

A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa Campaña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña: Ames, Arteixo, Arzúa, A Pobra do Caramiñal, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Culleredo, Fene, Fisterra, Laxe, Lousame, Moeche, Narón, Noia, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Rois, San Sadurniño, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Vilarmaior e Vimianzo.

Contemplánse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+. Tal e como mencionou Goretti Sanmartin “insistindo con esta campaña sobre os dereitos conquistados ao longo de décadas de traballo, dereitos que poden perderse moi rapidamente, polo que precisamos estar todos os días na rúa, e amparando desde as institucións a permanencia de dereitos básicos e dos principios de liberdade”.

No marco desta campaña os días 26 e 27 de xuño desenvolveranse diferentes actividades na cidade da Coruña. Por unha 2 performances a cargo do colectivo Somos Lag. A primeira delas realizarase ás 18.00 horas fronte ao antigo Cine París e a segunda será as 19:00 horas nos xardíns existentes fronte a Autoridade Portuaria. Por outra banda, o 27 de xuño ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo The Tetas’ Van no Hall do Teatro Colón.

Deputación da Coruña, 2019-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES