Tras identificar e clasificar os máis de 30.000 espécimes localizados nas mostraxes realizadas en vinte regatos da provincia de Pontevedra en dúas épocas do ano, o equipo investigador puido constatar que se ben unha maior presenza de follaxe de eucalipto non afecta á “abundancia xeral” de invertebrados nos ecosistemas fluviais, si ten un impacto negativo na “riqueza e diversidade” destas comunidades.
“Os nosos resultados demostran que se a maiorÃa das follas” que poden atoparse sobre os regatos son de eucalipto “perdemos boa parte da diversidade”, sinala Cordero, que recoñece que os efectos desta follaxe sobre a biodiversidade fluvial era algo “moi pouco estudado” en Galicia. O responsable do grupo EcoEvo explica que a investigación levouse a cabo en vinte arroios “moi representativos da rede fluvial” da comunidade, o que fai prever que “sempre que a maior parte das achegas de materia orgánica ao curso fluvial proveñan de eucaliptos, imos ter efectos similares”. Non en van, lembran, “os ecosistemas fluviais dependen en gran medida das achegas de materia orgánica da vexetación” dos bosques de ribeira, sendo a follaxe, que é procesada “por microorganismos e invertebrados trituradores” a súa “principal fonte de enerxÃa”.
Un traballo nacido na pandemia
Os resultados deste traballo recóllense nun artigo publicado na revista Hydrobiology, que asinan xunto a Cordero, as investigadoras do grupo EcoEvo Anais Rivas, Andrea Landeira e Maruxa Ãlvarez, xunto con Manuel Graça, da Universidade de Coimbra, e Leandro Juen, da Universidade Federal do Pará. Trátase, como lembra o catedrático, dun estudo nacido no marco da pandemia da covid-19, cando o grupo tiña proxectados traballos de campo “en diferentes paÃses”, dirixidos a “examinar o efecto das plantacións industriais sobre as comunidades de insectos”, no marco dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
As restricións á mobilidade levaron a mudalos por uns traballos de campo levados a cabo en dez municipios da provincia de Pontevedra. En cada un deles, o grupo seleccionou un regato que discorrese principalmente a través de plantacións de Eucalyptus globulus e outro bordeado por “bosques caducifolios nativos”, nos que as especies máis abondosas eran o carballo, o castiñeiro e o ameneiro. En cada arroio realizouse unha mostraxe de macroinvertebrados nun transecto lonxitudinal de 12 metros, tanto no outono de 2020 como na primavera de 2021, nos que atopáronse, respectivamente, un total de 24.705 e 12.529 individuos, pertencentes a 125 grupos zoolóxicos a nivel de xénero.
Non diminúe o número, pero si a diversidade
Para poder coñecer os efectos destas plantacións nas comunidades de macroinvertebrados, o grupo EcoEvo avaliou un conxunto de variables. Estas abranguen desde o caudal dos regatos ou o peso da follaxe, ata diferentes condicións ambientais, o que leva a Cordero a pór o foco en que os seus resultados responden as caracterÃsticas dos bosques galegos, podendo ser diferentes noutras áreas xeográficas. “En aspectos tan complexos como estes pode haber moitas interaccións entre variables”, subliña.
Neste caso, os resultados sinalan “unha diminución significativa na riqueza e diversidade” de especies presentes nos ecosistemas fluviais con maiores niveis acumulados de follaxe de eucalipto. Pola contra, esta non tivo unha incidencia na abundancia total de macroinvertebrados presentes nos regatos, que “explicouse principalmente” pola estación do ano, o caudal do regato e a temperatura da auga. “O que atopamos é que unhas poucas especies son capaces de manter grandes densidades”, sinala Cordero. Concretamente, rexÃstrase un aumento no número de individuos de especies como as do xénero Gammarus, “pequenos crustáceos de auga doce”, que vense beneficiadas, “probablemente, pola ausencia de competidores”. Pola contra, xéneros como Limnephilus, Crunoecia ou Ecdyonurus foron menos abondosos cando aumentaba a follaxe de eucalipto.
Nesa mesma liña, os resultados da análise realizada amosan unha “riqueza e diversidade” de especies “significativamente menor” cando se comparan os regatos nos que a follaxe de eucalipto é maioritaria con aqueles dominados pola vexetación dos bosques de ribeira. De feito, sinalan os autores deste estudo, “a abundancia, riqueza e diversidade de macroinvertebrados alcanzou o seu máximo en outono, coincidindo coa afluencia da follaxe de caducifolios e unha menor proporción da follaxe de eucalipto”, que perden principalmente as súas follas no verán. Concretamente, nas mostraxes realizadas en outono, seis dos vinte regatos estudados presentaban unha follaxe composta en máis do 50% por follas de eucalipto, cifra que ascendÃa a doce nas análises realizadas na primavera.
A importancia de preservar os bosques de ribeira
Neste punto, o equipo investigador sinala o “baixo contido de nutrientes” das follas de eucalipto, que xeralmente teñen “menores contidos de fósforo e nitróxeno” que as das “arbores caducifolias nativas”, para incidir no papel que xoga a “follaxe nativa no soporte de comunidades de macroinvertebrados diversas e saudables”.
Estes resultados lévanos á súa vez a pór o foco en que “manter un bosque de ribeira amplo é diverso é unha garantÃa” para a conservación da biodiversidade e doutros “servizos ecosistémicos, como “a mitigación de caudais extremos”. Do mesmo xeito, o grupo EcoEvo incide no papel que xogan os insectos en ámbitos “como a polinización, o control de pragas e a fertilización de solos”, incidindo na importancia de preservar os bosques de ribeira e evitar as plantacións nas proximidades dos regatos. De feito, a dÃa de hoxe non está permitido plantar eucaliptos a menos de 15 metros de rÃos de máis de dous metros de ancho, como lembra Cordero. “O que propoñemos é precisamente que se respecten as distancias que están na lexislación”, mais tamén, sinala, a necesidade de que estas medidas se apliquen tamén en “regatos de menor entidade”, a raÃz dos resultados deste estudo.