Noticias

En trámite máis de 7.000 denuncias recibidas por sancións de competencia municipal relacionadas coa covid

A Xunta de Galicia recibiu 7.160 denuncias procedentes de 111 concellos por incumprimento das medidas sanitarias implantadas para evitar a propagación do covid-19 a raíz do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ao que se sumaron 178 concellos, o 58% do total en Galicia, para a xestión dos expedientes punitivos que son de competencia municipal. En resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que hai xa un millar de presuntos infractores que recibiron nos últimos días as notificacións.

A provincia de Pontevedra é a que remitiu á Xunta un maior número de denuncias para a súa tramitación (3.074), seguida das provincias da Coruña (2.000), Ourense (1.378) e Lugo (708). Pola contra, a provincia da Coruña é a que ten máis concellos adheridos ao convenio (57), seguida de Ourense (52), Pontevedra (43) e Lugo (26). Hai que ter en conta que as grandes cidades, por contar con medios propios, non están incluídas no acordo.

A maioría das infraccións producíronse polo incumprimento do uso obrigatorio da máscara, xa sexa por non levala no interior dos locais de hostalería ou nas terrazas, por non poñela dentro dos vehículos cando se viaxa con non conviventes ou por ir sen ela pola rúa. Aínda que menos numerosas, outras infraccións tiveron que ver co horario de peche dos establecementos ou co incumprimento do chamado toque de queda.

Plan de colaboración

No convenio asinado coa Fegamp o 27 de novembro de 2020 acordouse que, ante a falta de medios dos concellos para a tramitación das sancións que son da súa competencia, a Xunta encargaríase da elaboración, xestión e notificación dos distintos trámites dos procedementos sancionadores. Alfonso Rueda indicou ao respecto que unha trintena de traballadores públicos estanse a ocupar na actualidade destas labores, redactando os acordos de incoación, realizando as notificacións ou tramitando as propostas de resolución, que en todo caso haberán de ser asinadas polos órganos instrutores designados polos concellos.

O vicepresidente primeiro fixo fincapé no esforzo que a Xunta destina a esta encomenda con medios persoais e recursos propios para levar adiante esta colaboración que permitirá que ningún infractor quede impune por poñer en risco a saúde dos demais.

R., 2021-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES