
As actividades comezarán ás 12 horas coa apertura dun mercadiño, que estará aberto durante todo o dÃa, e onde distintos autores, autoras e colectivos poderán expor e vender as súas obras. Ao redor das 14 horas comezará a picada en Sesión Vermú do DJ Um Sincero. Ãs 16:15 horas comezará a proxección das curtas de LucÃa Estévez, Diego López e Xan Arellano, con coloquio posterior sobre o audiovisual cos tres participantes.
Ãs 18 horas soará La Fiesta Madre, como prólogo á charla sobre crear na precariedade e asociacionismo con representantes dos colectivos 7H Cooperativa, Fritanga Records e Metamovida que terá lugar ás 19 horas.
Para pechar as actividades celebrarase o tradicional Combate de Debuxantes no que oito loitadores e loitadoras da creatividade competirán entre si amosando o seu talento e a súa axilidade mental.
Tódalas actividades son de balde.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.