Notas de prensa

A USC ofertará o vindeiro curso un total de 44 graos, nove dobres graos e 66 mestrados

A USC ofertará o vindeiro curso 44 graos, dez dobres graos e 66 másteres, nos seus campus de Santiago e Lugo. O reitor Antonio López e a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar, deron conta en rolda de prensa dos principais indicadores da oferta docente da USC. Entre as novidades, a institución docente incorpora o grao en Robótica e os mestrados en Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais, Psicoloxía, e Enxeñaría de Procesado de Alimentos.

A USC ofertará o vindeiro curso académico 2019-2010 un total de 44 graos, dez dobres graos e 66 másteres, nos seus campus de Santiago e Lugo. O reitor Antonio López e a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar, deron conta en rolda de prensa dos principais indicadores da oferta docente da USC para o vindeiro curso.

Entre as novidades, a institución docente incorpora o grao en Robótica, a impartir en Lugo, e os mestrados en Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais; Psicoloxía; e Enxeñaría de Procesado de Alimentos.

Ademais, en primeiro curso a USC ofertará 4.458 prazas, repartidas entre os 44 graos e nove dobres graos, tanto en Santiago como en Lugo. A institución compostelá inclúe titulacións nas cinco grandes áreas de coñecemento: nove en Artes e Humanidades, oito en Enxeñaría e Arquitectura, catorce en Ciencias Sociais e Xurídicas, oito en Ciencias da Saúde e outras cinco no ámbito das Ciencias. Igualmente oferta catro dobres graos en Ciencias, dous en Ciencias Sociais e Xurídicas, dous en Enxeñaría e Arquitectura e un en Ciencias da Saúde. Ademais da incorporación de Robótica, o grao de Xeografía e Ordenación do Territorio presenta unha nova edición reformulada e actualizada.

Completando o catálogo formativo, a Universidade compostelá suma un total de 66 másteres oficiais: 12 correspondentes á área de Artes e Humanidades, e outros tantos ás de Ciencias e Ciencias da Saúde, ademais de 20 en Ciencias Sociais e Xurídicas e outros dez en Enxeñaría e Arquitectura. En total, a USC ofertará 1.849 prazas nestes mestrados, dos que 26 son de carácter interuniversitario.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES