Destas prazas, 8.907 forman parte do réxime ordinario 3.410 en grao medio, 3.805 en grao superior, 1.368 en FP Básica e 324 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 1.882 son do réxime modular para persoas adultas 895 en grao medio e 987 en grao superior-, e 1.000 do réxime modular a distancia 450 en grao medio e 550 en grao superior-.
No referido á FP Dual ofértase un total de 595 prazas (271 en grao medio e 324 en grao superior).
A principal novidade é a incorporación á oferta de 35 novos proxectos de FP Dual (un 59% máis dos que entraron en funcionamento na provincia no 2018/19). Deste xeito avánzase no Plan de dinamización da FP Dual de Galicia, e foméntase a incorporación destas ensinanzas a sectores estratéxicos e punteiros, como é o das enerxías renovables.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.