
En relación ao seu funcionamento, o titular do Goberno galego explicou que, no caso dos pacientes ingresados, unha vez que reciban a alta serán chamados no prazo de 7 días para realizar unha primeira valoración clínica post-alta e concertar unha cita hospitalaria, e no caso de pacientes que non requiriron ingreso, deberán pedir cita no seu médico de familia no caso de padecer sintomatoloxía persistente.
Nese sentido, lembrou que en Galicia 115.000 persoas padeceron a enfermidade e delas en 1 de cada 10 os síntomas poderían prolónganse no tempo máis de12 semanas, de acordo coa evidencia científica actual.
Ao longo da súa intervención o presidente da Xunta tamén subliñou que as ditas unidades darán soporte aos profesionais de atención primaria nunha relación de coordinación que quedará definida en tres circuítos. O primeiro, para pacientes que non foran ingresados e para os doentes aos que a unidade lles deu a alta. O segundo, para os que si ingresaron e foron monitorizados por esta unidade ata que foron derivados á primaria. E, por último, o terceiro para os pacientes que foron derivados xa desde primaria.
Ademais, sobre este punto, Feijóo salientou que para os casos máis complexos constituiranse comités compostos por distintos especialistas para realizar o seu seguimento. Estas unidades van axudar a recuperar os pacientes, pero tamén darán un mellor coñecementos dos efectos persistentes despois da covid, abundou.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.