Noticias

Galicia avanza novas medidas relacionadas cos horarios e aforos da hostalería e as reunións de non conviventes

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas cos horarios e aforos da hostalería, así como ás relacionadas coas reunións de non conviventes. Logo de precisar que, todas as decisións acordadas polo comité clínico estrarán en vigor a partir deste venres 19 de marzo e serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa, Feijóo aseverou que a prudencia seguirá guiando o proceso de apertura.

Deste xeito, destacou que, nos municipios con maior risco -cunha incidencia acumulada a 14 días por riba de 500 casos-, mantéñense as restricións ata agora vixentes, é dicir: a hostalaría seguirá pechada; non poderá haber reunións de non conviventes en ningún ámbito; e, salvo excepcións xustificadas, non se permitirá a mobilidade fóra destes concellos, que si esta permitida nos niveis restantes.

Cómpre salientar que, agora mesmo, só tres concellos se atopan neste nivel de máxima restrición: Vilardevós, Paradela e Maside.

No tocante ao segundo nivel -aqueles concellos cunha incidencia a 14 días entre 250 e 500-, Feijóo precisou que nel atópanse un total de seis municipios: Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo, nos que se mantén o criterio de que a hostalería só pode abrir terrazas, co mesmo aforo do 50% de ocupación máxima, pero cun horario ampliado ata as 21 horas, fronte ao límite das 18 horas que había ata a actualidade.

Para os concellos do terceiro nivel -cunha incidencia a 14 días entre 150 e 250-, no que se atopan, neste momento 14 municipios -Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles-, nos que reside o 12,4% da poboación: na hostalería mantense o aforo do 30% no interior e do 50 % nas terrazas; e o horario límite de peche tamén pasa das 18 h ás 21 h.

Finalmente, nos 290 dos concellos restantes, nos que a incidencia é inferior a 150 casos por 100.000 habitantes, nos últimos 14 días, e onde reside o 85,6% da poboación: ampliase o aforo da hostalería do 30 ao 50% no interior; nas terrazas sube o aforo do 50 ao 75%; e o horario límite de peche pasa das 18 ás 21 horas.

Así mesmo, Feijóo asegurou que, en consonancia coa revisión feita, outras actividades terán tamén unha actualización nos aforos, que en ningún caso superarán o 50%. “Estoume a referir a instalacións deportivas, centros culturais ou lugares de culto”, precisou.

Por outra banda, e seguindo as obrigas e recomendacións acordadas a nivel estatal no Consello Interterterritorial de Saúde, Feijóo salientou que Galicia continuará pechada perimetralmente, de tal xeito que só se permitirá entrar e saír da comunidade nas excepcións establecidas.

O toque de queda permanecerá nas 22 horas e as reunións estarán limitadas a seis persoas no exterior e a catro no interior, estando prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

O presidente da Xunta concluíu mandando unha mensaxe de prudencia e agradecendo, unha vez máis, o esforzo que están a facer todos os galegos. “Temos que seguir actuando con sentidiño, dando pasos adiante na apertura de xeito gradual, prudente e comedido”, dixo, coa previsión de, a finais de mes, analizar de novo a situación para, á vista da evolución da pandemia, seguir adoptando decisións.

R., 2021-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES