//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Celebrouse hoxe en Meaño o acto de presentación da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, o primeiro programa de formación para o emprendemento no ecommerce desenvolvido ao abeiro da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, no que se botará man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que un total de 23 iniciativas -a maioría vencelladas á Rede- aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña. As novas tecnoloxías marcan novos retos cada día, especialmente para as pequenas e medianas empresas que representan a meirande parte da economía galega, pero tamén inmensas posibilidades de crecemento.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá que Galicia lidera o proxecto 'SMARTZ4MILK Cadea de Valor Láctea Intelixente, Trazable, Sostible e Conectada' -no que colaboran outras catro comunidades- para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo. Durante a presentación desta iniciativa -promovida polo Clúster Alimentario de Galicia e no que participan empresas tecnolóxicas, da industria láctea e universidades-, o presidente salientou a importancia de sumar 'esforzos' para que o sector primario 'pegue un salto fundamental' e aproveite as oportunidades que dan as novas tecnoloxías. 'Sen perder a súa esencia e a súa tradición que é un tesouro', o sector non pode deixar escapar 'o tren do futuro', indicou Rueda.
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou na Coruña na presentación de The Key, escola de empregabilidade no ámbito das TIC do Grupo Nortempo. Alí salientou as vantaxes de apoiarse na intelixencia artificial para cubrir as demandas das empresas en relación coas necesidades de man de obra e atender as persoas que estean buscando activamente traballo. Nesta liña, salientou que a Xunta puxo en marcha a ferramenta software EMi nas 54 Oficinas de Emprego de Galicia para facilitar a conexión da oferta e demanda en tempo real mediante recomendacións baseadas na IA.
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, despois de participar no Future Energy Summit 2024, destacouque a Lei de Recursos Naturais que se está a tramitar no Parlamento galego permitirá abaratar a factura eléctrica a familias e empresas, así como avanzar na autonomía enerxética da comunidade.
Nestas xornadas, o director xeral explicou que a Lei converterá a riqueza natural de Galicia en riqueza social e garantirá que todos os proxectos que se desenvolvan na Comunidade teñan unha repercusión positiva no territorio.
A última xornada do proxecto, celebrada en Quiroga, deixou como reivindicación a continuidade na financiación por parte do Miteco para 2025, sinalando o responsable do proxecto - José María López Bourio-, diante do Alcalde de Quiroga e representantes da Xunta de Galicia, que un proxecto de tanto alcance coma este en tres concellos que estiveron abandonados polas AAPP non resolve o Reto Demográfico nun só exercizo".
Ao referirse á chamada España baleira, afirmou que en realidade o que esta é abandoada en xeral polas AAPP e que o atraso de decenios hai que abordalo a medio prazo, subliñando que nun ano "temos traballado moito por O Courel, con actividade nos tres concellos - Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso - pero os obxectivos de crear empresas, de crear emprego e condicións de vida digna non se revirten nun ano; queda moito por facer".
O crecemento da produción en Galicia será do 1,8% en 2024, fronte ao 2,2% no conxunto de España. En 2025, o devandito crecemento situarase no 2,5% para o caso galego, fronte ao 2,4% na totalidade do Estado. Estas son algunhas das predicións do equipo de Hispalink-Galicia, integrado polas investigadoras da USC María-Carmen Guisán, Maite Cancelo, Emilia Vázquez Rozas, Pilar Expósito, Rosario Díaz-Vázquez e Eva Aguayo. Hispalink constitúe unha liña de investigación permanente en economía aplicada de quince universidades cuxo obxectivo principal é a revisión e análise da situación actual e perspectivas económicas ao longo do Estado.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcou hoxe o diálogo constante e permanente que a Xunta vén mantendo con todos os axentes da industria da automoción en Galicia, e avanzou que o vindeiro luns 1 de xullo o Goberno galego elevará á Mesa do Diálogo Social o plan director do sector. En resposta a unha interpelación parlamentaria, Lorenzana subliñou que a Xunta está a concentrar todos os seus esforzos en evitar o risco de deslocalizacións que afronta o sector, e en garantir a competitividade da industria auxiliar e o emprego de calidade e de longa duración.
O Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou no Congreso dos Deputados o documento 'Propuestas para España: la Reforma de la Financiación Autonómica'. Nel recomenda, entre outros moitos aspectos, un federalismo corporativo e a cogobernanza. A presentación estivo encabezada polo presidente do foro, o empresario Emilio Pérez Nieto, e o seu director, Santiago Lago, catedrático da UVigo. O traballo foi elaborado polos economistas Santiago Lago (UVigo); María Cadaval, Xaquín Fernández Leiceaga (USC) e Jorge Martínez (catedrático emérito da Georgia State University).
Galicia pide que as Comunidades Autónomas participen no deseño dos mecanismos de coordinación e seguimento do novo marco fiscal en España. A interventora xeral da consellería de Facenda e Administración Pública, Almudena Chacón, participou nunha das mesas redondas do seminario organizado en Madrid pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIREF) para analizar as implicacións do novo marco fiscal nas CC.AA. Almudena Chacón salientou que o proceso de deseño, coordinación e seguimento das novas regras fiscais aplicables ás finanzas autonómicas debe ser obxecto de debate no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), como órgano de representación multilateral das Comunidades Autónomas.
A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Poderán participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña. Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador).
A Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia, que este ano alcanzou a súa 56ª edición, presenta as valoracións da edición recentemente rematada. Despois de recoller e analizar os datos e as opinións dos axentes implicados no evento, o balance que se fai dende a organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) é positivo, xa que se estiman que durante os tres días de duración do evento pasaron polo recinto unhas 25.000 persoas.
A Feira Nacional do Viño celebra a súa X edición coa previsión de acadar máis de 7.013 reunións. Este ano acreditáronse algo máis de 19.000 compradores, dos que case 14.000 son nacionais, uns 3.000 internacionais e 2.000 profesionais do viño en xeral. Ademais, rexistráronse algo máis de 3.000 expositores, aínda que no conxunto da feira estarán presentes máis de 25.500 persoas e preto de 2.000 adegas. Das 44 empresas, 25 pertencen á DO Rías Baixas, 9 ao Ribeiro, 6 á Ribeira Sacra e 4 á Valdeorras.
Nesta terceira edición, participarán doce pemes innovadoras das 4 provincias galegas: 5 da provincia da Coruña -Dairylac, Orballo Innovaciones Forestales, Software 4 Science Developments, NasasBiotech e Celtalga Extract-; 3 de Lugo -Laboratorio CIFGA, Applied Mass Spectrometry Laboratory (AMSlab) e TasteLab-; 1 de Ourense -Mosquera Villavidal-; e 3 de Pontevedra -Hifas da Terra, Horticultura Hidropónica e Ibérica de Esponjas Vegetales-.
Estímase que entre 350 e 400 mozas e mozos de entre 18 e 29 anos inscritos no ficheiro nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da comunidade poidan completar a súa formación en compañías da Unión Europea. O obxectivo é que as persoas participantes adquiran durante a súa estadía en firmas empresariais de países europeos unha experiencia profesional que lles permita atopar traballo en Galicia.
O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 91,5 millóns de euros nos concellos da provincia no ano 2019. Unha cifra moi importante, pois supón destinar practicamente o 50% do orzamento anual da Deputación, que este ascende a 183,6 millóns de euros, a investimentos e mantemento de servizos públicos esenciais nos concellos coruñeses. O pleno da Deputación aprobou, por unanimidade de todos os grupos, unha modificación de créditos que incorpora 30 millóns adicionais.
Las Jornadas Empresariales de Bergantiños, que se vienen celebrando anualmente en Mayo, con regularidad, desde 2016 en el Fórum Carballo, tuvieron como objeto principal el pasado año hacer clínica empresarial sobre problemas, obstáculos y barreras que inciden negativamente en el desarrollo de actividades empresariales y la consolidación de empresas que, en un entorno de cambio y de competencia global, están en la causa origen de buena parte de los fracasos, junto a la falta de planificación al crearlas y por no preparar la sucesión generacional, entre otros.
A sexta edición da aceleradora ViaGalicia vén de convocarse coa apertura do prazo de inscrición dos proxectos. Os emprendedores interesados en participar nesta iniciativa, que impulsan a Xunta e a Zona Franca de Vigo, poden presentar a súa solicitude desde hoxe e ata o próximo 1 de abril. Nesta edición valoraranse os plans de negocio que demostren maior fortaleza no seu sector e maior capacidade para xerar emprego e riqueza no territorio galego
Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario cunha situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista acontecida entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019 e que estea matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do SUG.
Poderanse acoller as pemes que conten con plans empresariais que oscilen entre os 50.000 e os 2 millóns de euros e que pertenzan a algún destes sectores: industrias extractivas; industria manufactureira; tratamento e eliminación de residuos; reparación de vehículos de motor e motocicletas; depósito, almacenamento e manipulación de mercadorías; hoteis e aloxamentos similares; información e comunicacións; e servizos técnicos ou outros servizos de apoio a industria.
O IGVS destinará este ano un total de 52,7 millóns de euros a distintas convocatorias de axudas dirixidas a facilitar o acceso á vivenda e a rehabilitación de inmobles en Galicia. A través destes 16 programas de subvencións prevese a concesión de arredor de 9.500 axudas que beneficiarán a máis de 6.000 familias galegas en 2019 e tamén nos exercicios seguintes, xa que algunhas das axudas manteranse durante varios anos.