Notas de prensa

O Plan Único da Deputación alcanza os 91,5 millóns de euros de orzamento en 2019

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 91,5 millóns de euros nos concellos da provincia no ano 2019. Unha cifra moi importante, pois supón destinar practicamente o 50% do orzamento anual da Deputación, que este ascende a 183,6 millóns de euros, a investimentos e mantemento de servizos públicos esenciais nos concellos coruñeses. O pleno da Deputación aprobou, por unanimidade de todos os grupos, unha modificación de créditos que incorpora 30 millóns adicionais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “dende a súa creación en 2017, o Plan Único supuxo un revulsivo para a economía e as infraestruturas da provincia da Coruña”, pois leva inxectados 273,5 millóns de euros nos concellos da provincia (90M€ en 2017, 92M€ en 2018 e 91,5M€ en 2019), “unha cifra récord que coloca á Deputación da Coruña como unha das que mais recursos destina a investimentos baseándose en criterios obxectivos e permitindo que sexan os propios municipios os que decidan a finalidade dos fondos”.

Trátase dun “investimento histórico, o maior orzamento contemplado nun plan na historia da Deputación”, segundo apuntou o presidente da institución provincial, que destacou que o Plan Único supón, con diferencia, “o maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España”.

“A incorporación destes trinta millóns demostra que é o Plan Único é un instrumento moi válido, dinámico, que transfire aos concellos unha cantidade inxente de recursos,polo que estamos ante unha excelente noticia para os concellos da provincia”, apuntou o deputado responsable da área de Plans, Xosé Regueira.

O goberno provincial cumpre así o seu compromiso de destinar os remanentes a ampliar o orzamento do Plan Único, facendo que os concellos coruñeses reciban da Deputación o maior investimento por concello das catro provincias galegas e practicamente o dobre de fondos que no mandato anterior.

A incorporación dos remanentes ao orzamento do Plan Único realizase de forma automática, polo que o programa non esixe tramitar unha nova convocatoria, como se facía antes, nin aprobar novas bases ou levar os novos proxectos ao pleno. Isto permitirá que os fondos cheguen con gran rapidez aos concellos, que xa teñen solicitado proxectos para ser financiados coa consignación destes fondos adicionais.

Duplicar o investimento

O Plan Único supuxo duplicar durante este mandato os fondos que a Deputación distribúe aos concellos baseándose en criterios obxectivos (poboación, superficie, número de habitantes, esforzo fiscal…) e que se estinan a financiar obras e servizos de competencia municipal.

Asemade, durante este mandato reducíronse nun 70% as subvencións nominativas, pasando de 206 en 2014 (por importe de 17,8 millóns de euros) a só 57 en 2018, por importe de 5,4 millóns de 2018.

1.146 obras e redución de 9,5 millóns de débeda

Dende a súa creación en 2017, o Plan Único da Deputación da Coruña financiou a execución de 1.146 obras de construción ou mellora de infraestruturas públicas nos 93 concellos da provincia da Coruña, contribuíu a costear servizos públicos básicos como o alumeado, mantemento de viais ou a recollida de lixo, e favoreceu que os concellos amortizaran máis de 9,5 millóns de euros da súa débeda con entidades bancarias e reduciran notablemente o período medio de pago a provedores.

Unhas cifras que se verán incrementadas coa próxima aprobación- prevista para o vindeiro mes de marzo- da relación de obras e investimentos do Plan Único en 2019.

O Plan Único baséase a tres principios fundamentais: máis transparencia e obxectividade na asignación de recursos, porque o reparto de fondos non se efectúa de xeito discrecional, senón que se basea en criterios obxectivos empregados dende hai máis de dúas décadas no POS (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) que xeran un consenso importante entre os concellos; máis autonomía local, porque son os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que achega a Deputación; e máis saneamento financeiro, porque o plan conta con mecanismos para que os concellos podan destinar parte dos fondos a pagar facturas pendentes, reducir a súa débeda ou financiar parte do seu gasto corrente.

Deputación da Coruña, 2019-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES