Noticias

Rueda: 'A prórroga dos orzamentos estatais condena a Galicia a recibir novamente o peor presuposto do goberno central dos últimos anos'

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a prórroga de Presupostos Xerais do Estado (PXE) vai facer que Galicia 'reciba de novo o peor orzamento do Estado dos últimos anos'. Unha situación que fai que a comunidade galega seguirá recibindo a metade do investimento territorializado que Cataluña. Rueda lamentou que o Goberno central 'renuncie' a intentar sacar adiante os orzamentos de 2024, logo da convocatoria de eleccións en Cataluña, e advirte que isto 'ten consecuencias e ningunha beneficiosa para as comunidades'. Ademais, asegurou que amosa as diferencia entre o Goberno autonómico galego que aposta por 'ter os orzamentos aprobados para logo convocar eleccións' e o estatal, onde apostan pola 'ausencia de presupostos'.

Na mesma liña, o conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcións, Miguel Corgos, asegurou que tal e como se desprende dun informe hoxe avaliado polo Consello, a falta de orzamentos no Estado “causa incertezas, falta de estabilidade e merma de recursos nas comunidades”. Algo que, segundo engadiu Rueda, pode afectar a servizos esenciais coma “a sanidade, as infraestruturas ou o pago a provedores”.

Corgos urxe ao Executivo central a actualizar canto antes as entregas a conta do sistema de financiamento autonómico pois neste momento as CC.AA. están a recibir os mesmos importes que no ano 2023 e non os comunicados polo Ministerio de Hacienda o pasado mes de decembro durante a celebración do último Consejo de Política Fiscal e Financeira (CPFF).

Esta actualización ten que realizarse tendo en conta a nova previsión de ingresos das entregas a conta e das liquidacións comunicados no último CPFF, que ao mesmo tempo debería corrixirse para incluír o impacto das medidas prorrogadas polo Goberno para loitar contra a crise de prezos.

Por iso, Corgos advertiu dun posible déficit de tesourería máis de 725 M€, o que supón un importe mensual aproximado de 60,5 M€ se o Goberno central non actualiza as entregas a conta do Sistema de Financiamento Autonómico.

Principais repercusións da prórroga

Segundo se desprende do informe, a prórroga anunciada polo Goberno central podería afectar a áreas relacionadas coa sanidade, a dependencia, as infraestruturas, o pago a provedores ou mesmo ás retribucións do persoal empregado público, entre outras.

Ademais tamén afectará aos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública das Administracións territoriais no ano en que as regras fiscais se recuperan ao tempo que se xerará un superávit para a Administración central xa que se beneficia do incremento na recadación tributaria previsto para este ano 2024 e que non se distribúe entre as comunidades e as corporacións locais mentres non se actualizan as entregas a conta.

En canto ás retribucións dos empregados públicos, a incapacidade do Executivo central de impulsar os orzamentos xerais conxela as retribucións dos traballadores e traballadoras ao servizo do sector público e contra dos propios acordos que o Goberno asinou coas organizacións sindicais nun contexto de alta inflación.

Estes acordos fixaban para o ano 2024 un incremento retributivo fixo do 2% sobre as retribucións vixentes a decembro de 2023 que debe ser habilitado pola normativa básica do Estado para que se poida incluír nas nóminas dos empregados públicos da comunidade galega. Con esta situación, o persoal empregado público verá incrementada a súa nómina cun retraso de cinco ou seis meses.

Estes efectos negativos da prórroga dos PXE poderían estenderse ademais aos provedores do sector privado que poderían verse afectados pola falta ou retraso nos pagamentos por parte das administracións que non poden contar cos recursos de estar nunha situación de ciclo orzamentario normal.

R., 2024-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES