
En concreto, conta con 13.509 persoas menos en situación de desemprego (-9,38%). A caída reflectida tivo lugar nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a industria (-13,5%), seguida da construción (-12,97%).
Por colectivos prioritarios, Rivo salientou que a cifra de menores de 30 anos e de mulleres é a máis baixa nun febreiro desde que hai rexistros, desde 2006; e o número de parados de longa duración é o menor nun febreiro desde 2009.
En canto ás afiliacións, Galicia gañou no último ano 19.194 cotizacións á Seguridade Social e segue a superar o millón (1.055.018) cun nivel superior ao reflectido hai 15 anos.
Con respecto á comparativa mensual, indicou que o paro descendeu en todos os sectores de actividade e as afiliacións creceron nun +0,43%, a un ritmo de subida semellante a España.
Avance no emprego feminino
A conselleira na semana de conmemoración do 8-M, Día da Muller, sinalou o avance nas cifras do emprego feminino destacando que Galicia está a crear traballo neste eido. Así, o paro entre as mulleres baixou o dobre en Galicia que no Estado, na comparativa mensual e anual. Ademais, insistiu en que a cifra de mulleres desempregadas é a máis baixa nun febreiro desde que hai rexistros, desde 2006. Con respecto ás afiliacións femininas, creceron nas comparativas mensual (+0,36%) e anual (+2,15%), sendo a porcentaxe de mulleres afiliadas en febreiro de 2024 en Galicia do 49,18% fronte ao 47,26% do Estado.
Rivo, ademais, salientou o firme compromiso da Xunta co impulso do emprego de calidade, do emprendemento e traballo autónomo, que segundo apuntou, está avalado polos máis de 86 millóns activados nos dous primeiros meses do ano dos 100 millóns dedicados a estes eidos para todo 2024.
A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.