//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A importancia da agricultura e da recuperación e conservación das prácticas agrarias, a necesidade de fortalecer as canles de participación e as redes de conexión e colaboración entre os distintos axentes: veciñanza, produtores, empresas... e a posta en valor da muller como elemento vertebrador da vida social e económica nestes territorios, constitúen algunhas das recomendacións incluídas nas conclusións dos informes elaborados pola plataforma multiactor (MPA) galega liderada pola USC que está a participar no proxecto Sherpa, un programa coordinado desde Bruxelas e financiado con preto de cinco millóns de euros de fondos europeos, no que están implicados unha vintena de países.
Galicia acadou no mes de maio a menor cifra de persoas desempregadas de toda a serie histórica (1996), desde hai 27 anos, e por primeira vez o dato se sitúa por debaixo das 139.000 persoas. A cifra menor ata o de agora reflectiuse o pasado mes, en abril de 2023, cando se contabilizaron 139.343 persoas sen emprego. O paro, con respecto a hai un ano e na comparativa con abril, caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, así como nos colectivos prioritarios como son, entre outros, os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves dous informes elaborados polos seus expertos e expertas sobre o papel da intelixencia artificial no tecido empresarial galego. Neles destacan que Galicia non pode deixar de apostar polas enormes posibilidades que ofrece la IA e inciden na necesidade de formación e de mobilización de recursos económicos para o fomento das empresas deep tech. Segundo indican en nota de prensa desde a entidade, o 'Foro Económico de Galicia considera determinante a implantación da intelixencia artificial nas empresas'.
A Xunta de Galicai avanzou a próxima convocatoria dunha nova edición das axudas á Dixitalización Industria 4.0, un programa que permite impulsar a transformación da industria tradicional cara a modelos tecnolóxicos avanzados, favorecendo modelos de negocio diferenciais baseados na innovación e na tecnoloxía. Estas axudas levan mobilizados máis de 50 millóns de euros desde a súa posta en marcha, sumando máis de 1.000 solicitudes que traballan no coñecemento e a conciencia sobre as vantaxes e oportunidades que ofrece a dixitalización nos distintos ámbitos da industria galega.
A economía galega medrou un 1,1 % entre xaneiro e marzo, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde o ano 2018, segundo se desprende da información publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En canto á evolución interanual, no primeiro trimestre de 2023 o PIB autonómico aumentou un 2,8 % en relación ao mesmo período do ano anterior. Desde o punto de vista da demanda, neste primeiro trimestre as exportacións de bens e servizos aumentaron un 4,7%, e a formación bruta de capital medrou un 3,3%. No que respecta á oferta, a industria medrou un 8,9 %; a construción un 4,0 % e os servizos un 1,8 %, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (6,0 %).
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia vai manter conxelados os prezos das matrículas universitarias cara o vindeiro curso académico 2023-2024, o que supón continuar coa política de contención de taxas que o Goberno galego leva aplicando desde hai 13 anos. Isto, asegurou, sitúa un ano máis a Galicia como a comunidade cas taxas universitarias máis baixas do país. Rueda resaltou que Galicia foi pioneira na conxelación dos prezos universitarios hai máis dunha década e en apostar por un modelo que agora están a replicar outras comunidades. 'Hai trece anos que os prezos de matrícula son exactamente os mesmos. É dicir, os estudantes galegos pagan de taxas universitarias o mesmo que pagaban no ano 2011', destacou o presidente.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai convocar este mes de maio, por un orzamento global de máis de 43,1 millóns de euros, tres programas de axudas dirixidos a financiar distintos tipos de actuacións e documentos de carácter técnico para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios residenciais. O Consello analizou hoxe un informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre as convocatorias, por segundo ano consecutivo, destas tres liñas de subvencións, enmarcadas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia e financiadas con fondos europeos.
A nova ferramenta tecnolóxica, EMI (emprego intelixente), que sincronizará oferta e demanda en tempo real, porase en marcha este maio en tres oficinas piloto (Pontevedra, Ordes e Cambados). Probaranse, deste xeito, as primeiras funcionalidades deste sistema baseado na intelixencia artificial que permitirá ás empresas publicar as súas vacantes de forma múltiple e simultánea no Servizo de Emprego e, de xeito gratuíto, noutros portais de emprego e, así, chegar a un maior número de candidatos. O novo instrumento contará cun navegador competencial, para que os orientadores podan obter información sobre as competencias asociadas ás ocupacións; un emulador de ocupacións para buscar o emprego idóneo para cada demandante de emprego; e un recomendador de formación.
Dende hoxe os establecementos interesados poden adherirse a unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio. Nesta terceira convocatoria, o Bono Activa Comercio da Xunta conta cun orzamento de 2,5 M e permitirá mobilizar 8,5 M en ventas. As persoas consumidoras poderán descargar a partir do próximo 15 de maio un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. O importe irase reducindo en función do valor da compra en diferentes tramos: para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30, correspóndelles un desconto de 5 euros; para iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50, a rebaixa será de 10 euros; mentres que para compras a partir de 50 euros o desconto alcanzará os 15 euros.
Trátase dunha iniciativa financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa de cooperación interrexional Interreg Europe que busca potenciar o emprego xuvenil de calidade e a creación de postos de traballo para a mocidade nas áreas rurais. A Fundación Galicia Europa lidera este proxecto no que tamén participan entidades de Eslovenia Bélxica, Bulgaria, Estonia, Letonia e Portugal. Conta ademais coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude no marco do programa Euroxuventude.
A Xunta, o concello de Santiago, a USC, a Asociación Área Empresarial do Tambre e a Cámara de Comercio asinan un acordo para acadar o asentamento de novos proxectos que xeren riqueza e emprego en Compostela e na comunidade. Nos dous últimos anos se venderan preto de 70.000 metros.
Os produtos e os servizos turísticos galegos estiveron presentes nas principais feiras turísticas do mundo, FITUR de Madrid; ITB de Berlín e WTM de Londres. O departamento autonómico de Turismo promoveu tamén de xeito específico os principais recursos turísticos da Comunidade galega, así como en certames especializados.
O presidente da Xunta, na entrega dos Premios Pyme Carrefour de Galicia, precisou que en 2017 se incrementará ademais un 35% as partidas destinadas á promoción. Salienta que os produtos galegos son cada vez máis competitivos nos mercados internacionais e lembra que a Marca Galicia constitúe todo un sinónimo de calidade e distinción.
GaliciaDigital ha firmado un acuerdo con la EOI en calidad de colaborador especializado para prestar los servicios de asesoramiento en Marketing y Comercialización, Digitalización e Innovación.
O Congreso dos Deputados aprobou unha iniciativa para iniciar o proceso de derogación da reforma laboral do PP e a redacción dun novo Estatuto dos Traballadores.
O Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) da USC organiza o vindeiro 16 de decembro unha xornada de debate sobre autoorganización e cooperativismo cultural. O encontro, a desenvolver durante todo o día na Facultade de Filosofía, comezará cunha sesión dedicada á autoorganización.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na clausura do 10ª edición do pitching I+P. Ideas para producir, organizado polo Clúster Audiovisual Galego. Destaca ferramentas como a Rede Galega de Business Angels, a Unidade Galicia Emprende ou a Rede de aceleradoras de emprendemento, ás que se incorpora unha específica para impulsar a industria audiovisual.
El 20 de octubre ha finalizado oficialmente la vendimia en el territorio de la Denominación de Origen Ribeira Sacra. La cantidad total de kilos recogidos en esta campaña es de 5.578.529.
Investiranse 2,4 millóns de euros nesta planta, que terá unha capacidade de tratamento dunhas 15.000 toneladas anuais. A estimación é que produza ao ano entre 3.000 e 4.000 toneladas dun compost de calidade, que poderá aplicarse o solo sen restricións. No proceso de ampliación de Sogama está previsto investir máis de 32 millóns de euros.
Nos primeiros oito meses deste ano Galicia rexistrou tun incremento do 7,1% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados e do 9,2% no que atinxe ás pernoitas en relación ao mesmo período do 2015. O turismo internacional acadou cifras históricas neste período con preto de 950.000 viaxeiros aloxados.