Actualidad de Economía

Noticias economia

A cifra do desemprego descendeu por primeira vez en Galicia nos últimos 27 anos por debaixo das 130.000 persoas. O mes de xuño pechou con 129.024 persoas en desemprego, a cifra máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996. Así o destacou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social que se publicaron hoxe. A titular de Emprego sinalou que o desemprego baixou e as cotizacións aumentaron tanto na evolución anual como mensual e apuntou que a cifra do paro dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego é a mellor desde que hai rexistros destas variables (2005).
O Consello da Xunta ven de aprobar as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización, por un importe de 1,5 M€. As axudas teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas pola incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, co fin de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do turismo.
O presidente da Xunta cualificou aos premiados pola D.O. O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades, e asegurou que os recoñecementos son proba do arraigo do sector, da excelencia dos viños galegos recoñecida dentro e fóra de Galicia e da confianza en que os produtos galegos poden conquistar o mundo. Alfonso Rueda valorou a forza da viticultura en Galicia, asegurou que a Xunta traballa para dar resposta as súas demandas, e subliñou a aprobación da Lei de recuperación da terra agraria, os preto de 30 millóns en axudas para investimentos, exportacións e reconversións; a futura Lei de calidade alimentaria e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reivindicou a necesidade de que as políticas pesqueiras de Bruxelas conten co maior rigor científico posible e aposten por unha implantación gradual para facilitar a adaptación da frota. O titular de Mar salientou durante a clausura da X Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca que o cariz medioambientalista que está a tomar a Comisión Europea nos últimos tempos é inaceptable e que non poden repetirse casos como o veto á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avanzou que o P.I.B. de Galicia medrará por riba do 1,7 % previsto para este ano, á vez que se amosou confiando en que para o 2024 "estará en condicións" de recuperar o equilibrio orzamentario e non incorrer en déficit. "Imos ser capaces porque levamos tempo traballando", aseverou o mandatario galego, que tamén avanzou que se agarda que no 2024 a economía galega "estea en disposición de superar" o 2 % do PIB.
No Pazo de Quián (Boqueixón), vense de clausurar a gala das Catas de Galicia 2023, na que o Conselleiro de Medio Rural felicitou aos premiados cos mellores viños, augardentes e licores tradicionais deste ano e destacou o papel do sector vitivinícola para levar a marca Galicia por todo o mundo e impulsar a economía no rural galego. No acto, o exconselleiro de Agricultura Fernando Garrido, recibiu o premio de honra en representación de todas as persoas que hai máis de 35 anos apostaron polo potencial do sector.
O conselleiro do Medio Rural participou na clausura da asamblea anual da Federación Europea del Tablero. Neste encontro con membros do sector, José González salientou a importancia da industria da madeira en Galicia e a aposta firme da Xunta para seguir medrando neste eido. Así, destacou que a nosa comunidade é unha potencia forestal en España e Europa, polo que as súas políticas nesta materia son un referente para o resto de rexións, e fixo referencia ao Inventario Forestal Continuo e ao Plan Forestal de Galicia como ferramentas que permiten xestionar o territorio e facer que a nosa comunidade medre no sector forestal, "mantendo os compromisos de transición vrde, biodiversidade, neutralidade climática e consumo responsable".
Galicia pechou o primeiro trimestre do ano cunha ratio débeda/PIB do 17,7% segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao primeiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Esta ratio é tres décimas superior á do primeiro trimestre do ano 2022 (17,4%), debido a que a Xunta acelerou nos primeiros meses do ano a execución do seu programa de endebedamento, e executou o 75% do importe de endebedamento autorizado, co obxectivo de aproveitar a estabilidade que ofrecían os mercados financeiros nese período. Este aumento é transitorio e corrixirase nos vindeiros meses.
Xunta e sector coinciden en sinalar que o Goberno central non tivo en conta nin ás comunidades autónomas nin ás organizacións agrarias -cando menos ás galegas con representación nacional- á hora de decidir as achegas directas pola seca, que deixarán aos gandeiros galegos tan só cun 25% dos importes previstos para cada especie e orientación produtiva, porcentaxe destinada ás comunidades que o executivo de Madrid establece como de afectación moderada.
O Observatorio Municipal Galego, da Rede Localis, fixo público este mércores un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a entidade xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, destaca que os concellos pequenos destinan 426 euros por persoa a servizos públicos básicos, cifra moi similar á dos grandes municipios. O documento é a nota 24 deste Observatorio Municipal Galego e está elaborada por Alberto Vaquero, profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense e codirector da Rede Localis, unha das actividades da Cátedra do Bo Goberno Local da Universidade de Vigo.
« Anterior | 21  de  388 | Siguiente »

Notas economia

O PIB galego superou o crecemento previsto co comportamento positivo de todos os sectores, as exportacións e o maior consumo dos fogares. Destaca a boa evolución da industria manufactureira, os servizos e a construción. Os datos ratifican o crecemento económico e a taxa de paro.
Os peiraos autonómicos moveron 121.500 toneladas de mercadorías en xaneiro e as dársenas con maior actividade foron Ribadeo, Cee e Cariño. Según as cifras do Goberno galego, nos peiraos dependentes da Xunta descargáronse ata o 31 de xaneiro preto de 7.000 toneladas de peixe, un 11% máis que no mesmo período de 2016.
A xestión ordenada das migracións xa foi recollida como obxectivo polo ditame de Galicia aprobado o pasado día 9 de febreiro no Comité das Rexións. Según o director xeral de Relacións Exteriores, o Brexit supoñerá un desafío aínda maior para a situación migratoria do continente. Galicia participa no Buró do Comité Europeo das Rexións que se reúne en Malta.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria mantivo en Santiago unha xuntanza coas asociacións para consensuar a planificación e continuar co diálogo fluído que a Xunta mantén cos autónomos. Destacou que a Estratexia Autónomo 2020 está dotada con 40 millóns para apoiar ao ano a máis de 10.000 traballadores.
Smartbot ha presentado sus novedades en Robots para el Hogar en la Global Robot Expo 2017, la feria más importante de Europa en tecnología robótica celebrada en Madrid 2 al 4 de Febrero.
Gerson Iglesias en la categoría profesional y José Luis Hermida en la de aficionados, ganadores del Concurso de Cocina “Jóvenes Centenarios” patrocinado por el Grupo Cuevas. Las 200 experiencias que ofrecía el salón fueron seguidas por más de 7.000 asistentes.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, recolleu na localidade madrileña de Alcalá de Henares o galardón á mellor Compra Pública Innovadora que a Secretaría de Estado de I+D+i concedeu á Axencia Galega de Innovación polo proxecto do polo de avións non tripulados de Rozas, destacando que se trata dunha iniciativa pioneira.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria asistiu en Santiago de Compostela á entrega dos galardóns LaconNetwork, onde afirmou que todos os finalistas representan a excelencia á que aspira a comunidade galega que conta con máis de 2.300 empresas relacionadas co sector TIC, que representa o 1,8% do PIB galego e xera máis de 15.000 empregos.
Os expositores, que medran un 10%, proceden de 11 países. Panamá participará como país convidado. Ofrece máis de 200 experiencias enogastronómicas e turísticas. Conta con 15 restaurantes que ofrecen 21 menús con prezos entre os 14 e os 30 euros.
Este programa de apoyo al tejido productivo gallego forma parte del proyecto Abanca Innova, creado por el banco para fomentar el desarrollo de las nuevas tecnologías y el emprendimiento en torno a ellas. Colaboración con emprendedores y centros universitarios, formación y difusión del conocimiento, otros pilares del proyecto.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES