Noticias

As políticas forestais galegas, referente no sector para o resto de rexións europeas

O conselleiro do Medio Rural participou na clausura da asamblea anual da Federación Europea del Tablero. Neste encontro con membros do sector, José González salientou a importancia da industria da madeira en Galicia e a aposta firme da Xunta para seguir medrando neste eido. Así, destacou que a nosa comunidade é unha potencia forestal en España e Europa, polo que as súas políticas nesta materia son un referente para o resto de rexións, e fixo referencia ao Inventario Forestal Continuo e ao Plan Forestal de Galicia como ferramentas que permiten xestionar o territorio e facer que a nosa comunidade medre no sector forestal, "mantendo os compromisos de transición vrde, biodiversidade, neutralidade climática e consumo responsable".

O conselleiro fixo fincapé na importancia que ten revalorizar a industria madeireira como piar fundamental do modelo de economía circular que inclúa a todos os axentes do sector e permita, a súa vez, un beneficio colectivo. Por iso, salientou a motivación da Xunta no uso da madeira a través de axudas que impulsen obras e proxectos nos que este material sexa o recurso principal.

Nesta liña, destacou que o seu departamento quere seguir apostando pola transmisión de coñecementos e experiencia, así como sentar as bases para establecer un modelo específico para facer as cousas e apostar polo sector e, en particular, pola fabricación de taboleiros.

R., 2023-06-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES