
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, recolleu en Alcalá de Henares (Madrid) o Premio Nacional de Innovación e de Deseño 2016 outorgado á Axencia Galega de Innovación (Gain) na modalidade Compra Pública Innovadora polo proxecto de avións non tripulados de Rozas. Neste sentido, sinalou que este galardón supón un recoñecemento ao traballo en materia de innovación por parte da Xunta e ao carácter pioneiro deste polo tecnolóxico e industrial.
Conde felicitou ao equipo de Gain por este recoñecemento, ao tempo que agradeceu á Secretaría de Estado de I+D+i a concesión deste premio e a súa colaboración, xunto ao Ministerio de Defensa a través do INTA, no polo de avións non tripulados de Rozas, unha iniciativa na que a Xunta conta con dous socios industriais (Indra e Inaer) e co tecido produtivo galego, a través de pemes, universidades e dos centros de coñecemento. O obxectivo é converter Rozas nunha iniciativa pioneira e que sexa sinónimo de innovación, competitividade e creación de emprego de calidade, engadiu.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria subliñou a aposta da Xunta pola Compra Pública Innovadora para dar solucións en materia de innovación que poidan permitir o desenvolvemento de iniciativas por parte das pemes galegas para que sexan máis competitivas, favorecendo deste xeito a creación de postos de traballo estables e de alta cualificación e consolidando en Galicia un ecosistema de innovación e de talento.
Conde lembrou que a Xunta xa levou a cabo, durante o período 2007-2013, proxectos de Compra Pública Innovadora por un investimento global de 120 millóns de euros, como Hospital 2050 e InnovaSaúde, iniciativas da Consellería de Sanidade. Agora, para o período 2014-2020, a Administración autonómica está a desenvolver o programa sanitario Código 100 e o polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados de Rozas. Para este último, tras consultar ao mercado e recibir ao redor de 150 ideas, das que o 70% corresponden a empresas e entidades galegas, a Xunta fará as primeiras sete licitacións de Compra Pública Innovadora para Rozas, centradas na xestión eficiente de tres ámbitos socioeconómicos estratéxicos para Galicia: os recursos acuáticos, o territorio e o control do espazo aéreo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.